Compráceme informar de que:

A «Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno» 
con domicilio social no nº 28 da rúa A Plaza, Figueroa, Abegondo (A Coruña) 
foi inscrita no Rexistro Central de Asociacións co nº 2009/013660-1 (SC) e 
asignóuselle o NIF G70234315, co cal a asociación queda legalmente 
constituída. 

A asociación, sen ánimo de lucro, representa legal e economicamente ao 
Proxecto Trasno e, en xeral, pretende ser a entidade que axude e soporte á 
comunidade de localizadores ao galego. 

Animo a todos aqueles que estiverades a localizar ou a axudar na localización 
de software libre ao galego, ou a todos os desexedes facelo, a vos asociar, 
participar nas decisións da asociación e contribuír nos obxectivos que nos 
marcamos. Sodes máis que benvidos.

Tedes esta información ampliada en  http://trasno.net/trasno:asociacion

Atentamente, 

Miguel Branco

Responderlle a