Grazas e parabéns!

Felices festas

Miguel Branco escribiu:
Compráceme informar de que:

A «Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno» con domicilio social no nº 28 da rúa A Plaza, Figueroa, Abegondo (A Coruña) foi inscrita no Rexistro Central de Asociacións co nº 2009/013660-1 (SC) e asignóuselle o NIF G70234315, co cal a asociación queda legalmente constituída. A asociación, sen ánimo de lucro, representa legal e economicamente ao Proxecto Trasno e, en xeral, pretende ser a entidade que axude e soporte á comunidade de localizadores ao galego. Animo a todos aqueles que estiverades a localizar ou a axudar na localización de software libre ao galego, ou a todos os desexedes facelo, a vos asociar, participar nas decisións da asociación e contribuír nos obxectivos que nos marcamos. Sodes máis que benvidos.

Tedes esta información ampliada en  http://trasno.net/trasno:asociacion

Atentamente,
Miguel Branco


Responderlle a