Boas,

os recentes cambios na composición da miña familia --nacéronme os
cativos, neno e nena-- tiveron como efecto secundario o curioso efecto
de que non poda dispor do meu tempo como antes, é dicir, onde antes
tiña unha hora para o correo+traducir agora teño 0,01 segundos.

Isto, a efectos da tradución de KDE trouxo como resultado, como xa vos
decataríades, que leve algo así como unha semana sen facer unha
entrega; evidentemente, isto non pode seguir así, polo que me vexo na
obriga de propor dúas/tres alternativas:

a) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade a
unha persoa física (un segundo coordenador)
b) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade á
asociación (habería que facerse cunha das chaves da FNMT), e que faga
as operacións unha persoa física membro do equipo (un segundo
coordenador delegado do proxecto trasno)
c) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE, e
facer as operacións de xestión a través de pootle (que si, que di na
documentación que se pode, aínda que son certamente limitadas no
sentido de ser moi manual todo).

Opinións, por favor.

Responderlle a