> os recentes cambios na composición da miña familia --nacéronme os
> cativos, neno e nena--
Felicidades! :D

> a) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
> desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade a
> unha persoa física (un segundo coordenador)
> b) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
> desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade á
> asociación (habería que facerse cunha das chaves da FNMT), e que faga
> as operacións unha persoa física membro do equipo (un segundo
> coordenador delegado do proxecto trasno)
> c) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE, e
> facer as operacións de xestión a través de pootle (que si, que di na
> documentación que se pode, aínda que son certamente limitadas no
> sentido de ser moi manual todo).
> 
> Opinións, por favor.

Non sei moito de Pootle, pero polo que teño escoitado podería ser unha boa 
idea.

PS: entendo que é unha ferramenta web para a tradución que permite subir os 
POs ou traducir directamente en liña, e que mantén directamente as 
actualizacións no repositorio de KDE SC.

Un saúdo!

Responderlle a