> btw, deberiamos estar traducindo en stable ata febreiro en vez de trunk?? se
> cadra nolos dous e o resto en trunk? non entendín moi ben o asunto este, se
> che digo a verdade:
>  http://techbase.kde.org/Localization/Workflows/PO_Summit

A política seguida até o de agora era ter a toda a xente a traducir en
trunk, e empregar a funcionalidade de sincronización primaria do
Lokalize para que só o coordinador actualizase a versión estábel, sen
prexuízo de que traducise principalmente en trunk.

O do PO_Summit é un sistema paralelo que permite facer algo semellante
sen esa sincronización do Lokalize, fusionando os ficheiros po da
versión trunk co análogo da versión estábel, e despois do ciclo de
traballo, separándoos de novo. Esquéceo a non ser que vaias forzar a
toda a xente a traballar sobre o repositorio summit.

Tampouco te mates co scripting: hache ser útil para as automatizacións
que vaias empregar (se has traballar en trunk e stable á vez, se vas
facer gui e documentación...), e o anovar.sh arránxache moitos
problemas.

Responderlle a