Ola Miguel:
No digalego aparece "termos" co significado que dicías: 7 s m pl Condicións ou circunstancias en que se establece un acordo. No corpus de Mancomun aparece "terms of use" como "condicións de uso". O da RAG parece que non funciona hoxe e o cluvi non recolle "term" con ese significado. Os tradutores do galego de facebook estano traducindo por "termos" ou "condicións" (aínda q este exemplo non sexa moi científico ;)) . En ningún caso atopei "términos". Saúdos, Lucía ________________________________ From: Miguel Bouzada [mailto:[email protected]] Sent: 01 February 2010 11:13 To: Trasno - Lista Subject: [terminoloxía] termo versus termino Cando galamos de terminoloxía eu terminografía está claro, pero cando nos referimos aos "terminos dunha licenza" como leo de cotío, au cando falamos de "TERMOS/TERMINOS" lingüisticos.... ahí atopome xa perdidodo. Alguén pode alumar as miñas dúbidas?? -- Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala [email protected]

