2012/5/18 damufo <dam...@gmail.com>:
>
>
> En 18/05/2012 15:41, Leandro Regueiro escribiu:
>
>> 2012/5/18 Antón Méixome<cert...@certima.net>:
>>>
>>> 2012/5/18 Adrián Chaves Fernández<adriyeticha...@gmail.com>:
>>>>
>>>> O Mércores, 16 de Maio de 2012 19:12:46 damufo escribiu:
>>>>
>>>>> Boas:
>>>>> Atopeime coa cadea: Key Reference
>>>>> Estas son as traducións doutros idiomas
>>>>> key reference Clave de referencia (ES)
>>>>> key reference Clé de référence (FR)
>>>>> key reference Referência chave (PT)
>>>>> Unha opción sería "Clave de referencia", pero como aínda lin hai pouco
>>>>> a
>>>>> definición de clave do dicionario da RAG non acabo de ver que lle acaia
>>>>> ningún dos significados.
>>>>> Outra opción, "Chave de referencia", non acabo de ver que o significado
>>>>> de chave (segundo a RAG) concorde co que me parece que é.
>>>>> Pero que é? aquí hai unha explicación
>>>>> http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676
>>>>> Polo que entendo é un unha cadea que identifica algo, como un marcador,
>>>>> identificador que leva a un determinado lugar da axuda.
>>>>> Penso que neste caso podería traducirse como:
>>>>> Identificador de referencia
>>>>> (que, neste caso, logo leva á parte de axuda correspondente)
>>>>> Algunha opinión?
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> Que significa, a que concepto se refire o termo? Porque de primeiras:
>>>>
>>>> - Refence Key → Clave de referencia
>>>>
>>>> - Key Reference → Referencia dunha clave
>>>
>>>
>>> Traio aquí a acepción de clave que creo que nos ocupa. Como vedes
>>> temos o problema de diferenciación entre clave/chave/contrasinal
>>>
>>> Para min que
>>> - chave, só se debería utilizar para abrir ou pechar algo
>>> - clave, para toda cadea que sirva para relacionar elementos
>>> - contrasinal, só para validar un acceso (sinónimo de "clave de
>>> acceso" e non de "clave")
>>>
>>>
>>> Clave
>>> ...
>>> DRAG
>>> 4. O que é máis importante ou de vital importancia. obs. Nesta
>>> acepción vai habitualmente en aposición despois dun substantivo. Este
>>> dato é clave para comprender o problema. Está en postos clave da
>>> Administración.
>>> ▲ Clave de acceso. Inform. Conxunto de caracteres que é necesario
>>> coñecer para poder acceder a certos programas ou servizos nun
>>> ordenador. Négase a revelarnos a clave de acceso.
>>>
>>> Daquela, e pola explicación que se dá en
>>> http://forum.joomla.org/viewtopic.php?f=394&t=34676
>>> penso que o máis acertado sería
>>>
>>> key reference>  referencia clave (algo así como identificador único)
>>
>> Despois de ler a definición na ligazón indicada por Daniel:
>>
>> Key Reference: A text key that the item may be referenced by (like a
>> help reference).
>>
>> E despois de ter consultado os acordos das Trasnadas anteriores e de
>> consultar o DRAG, e se entendín ben a definición de arriba, creo que o
>> máis axeitado sería «clave de referencia».
>>
>> Nun á parte, entre outras eivas o DRAG carece moitas veces de
>> acepcións aplicables á informática. Por exemplo agora estamos falando
>> de «key» como algo que serve para identificar unívocamente e/ou
>> recuperar elementos de algures (unha base de datos/matriz asociativa/o
>> que sexa), pero en ningunha das entradas de palabras que consideramos
>> para traducir (identificador, chave, clave) aparece ningunha acepción
>> semellante ao que acabo de describir. Temos que ser conscientes de que
>> moitas veces estamos introducindo neoloxismos no galego e que as
>> acepcións do DRAG non serven para englobar todo, senón que a veces hai
>> que introducir novas acepcións e/ou crear novas palabras para
>> introducir os novos termos. IMHO.
>>
>> Deica
>
>
> Concordo no de que o dicionario ten eivas en canto a acepcións aplicables á
> informática.
>
> Tendo en conta que nin chave nin clave significan o que aquí key,
> - que key case sempre (por non dicir sempre) foi traducido por chave:
> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/key
> - que o portugués (por proximidade) emprega chave (lémbrese tamén o
> algoritmo)
>
> porque a conclusión é clave no canto de chave? =-O

É así porque nunha das últimas Trasnadas se discutiu o tema de
«clave»/«chave» para os diferentes termos relacionados coa informática
que tratamos naquel momento, e decidiuse que para o termo
correspondente a "algo que serve para identificar unívocamente e/ou
recuperar elementos de algures (unha base de datos/matriz asociativa/o
que sexa)" se empregaría «clave». Ademais deste acordo tamén houbo
outros referentes a outros termos que en inglés tamén se designaban
mediante a palabra «key», por exemplo o caso de «tecla».

Concordo en que no pasado unha gran parte das veces «key» se traduciu
como «chave», pero tamén se traduciu de outras formas, e o que
reflicte o Open-Tran (que por certo está desactualizado xa
http://open-tran.eu/projects.html ) é que antes de chegar a uns
acordos nas Trasnadas as traducións se facian de calquera xeito, e sen
ningún tipo de criterio. Agora que en teoría hai uns acordos claros e
consensuados debemos aplicalos nas novas traducións, pero tamén
debemos revisar as traducións anteriores para reflectir os acordos e
evitar que as traducións se fagan de calquera xeito e sen criterio
(que para iso xa temos os tradutores automáticos). Corrixindo as
traducións incorrectas herdadas evitaremos na medida do posible que os
problemas volvan xurdir no futuro ao utilizar as memorias de
tradución.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a