2012/5/23 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
> Ola.
>
> Non cheguei a probar a versión anterior, pero esta ten moi boa pinta.
> Xa a vou engadir nos meus marcadores, que seguro que me é máis útil
> que andar buscando coa combinación CTRL + F no glosario das Trasnadas
> desde o navegador.

Non o comentei, pero nesta páxina se JavaScript non está activado
tamén funciona o ctrl+f :)

Detectei certos problemas nos cambios de estilo de Méixome, pero xa os
comentaremos na Trasnada onde seguramente tamén falaremos de subir
isto a un subdominio propio en trasno.net

Deica

> Bo traballo.
>
> Saúdos.
>
> 2012/5/23 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> 2012/5/21 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>> Ola,
>>> na seguinte ligazón podedes descargar unha páxina web que dispón de
>>> consulta dinámica dos resultados das Trasnadas. Usa JavaScript polo
>>> que se pode consultar de forma local sen necesidade de dispoñer dunha
>>> conexión á Internet. Iso si, o navegador web ten que ter activado
>>> JavaScript.
>>>
>>> http://trasno.net/ficheiros/upload/resultados_trasnadas/html_consulta_acordos_trasnadas.tar.gz
>>
>> Fixen un bo feixe de modificacións de todo tipo. As máis importantes
>> son a corrección lingüística sobre todo das entradas antigas e un
>> pouco de realzado estruturado con cores.
>>
>> Con esta utilidade, que xurdiu da xornada do venres 18 pasado na
>> Coruña, deberíanse acabar as confusións sobre o que levamos acordado
>>
>> Esta utilidade tan directa e práctica é útil non só para nós senón
>> para obradoiros de tradución onde pode haber problemas para descargar
>> ou instalar cousas (como nos pasou en Santiago). É doada de manter e
>> personalizar como se queira e serve para iniciar facilmente a calquera
>> que se achegue a isto da tradución.
>>
>> Saúdos
>>
>>
>>
>>>
>>> Deica
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a