O Domingo 16 Maio 2010 11:46:24 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Se non o digo morro:entre o Glósima, o Pootle e o Tiboxe, estou abraiado. O
> de Glósima xa o vira cando quedamos en Santiago, así que non me sorprendeu
> tanto. Pero o Tiboxe de Fran O.O Quedei abraiado. Sóame de escoitar
> mencionar algo sobre a busca en varias fontes, pero non sabía que xa
> funcionaba. Fixen un par de buscas e verdadeiramente abraiante.

É, é!. Aproveito para darvos os meus agradecementos aos que traballastes en 
todos eses novos servizos e na web. Superkudos a todos!. Débovos unha ronda en 
canto nos vexamos!

Queda moito traballo aínda, iso si. Rexistrádevos todos na web e editade as 
páxinas dos voso proxectos. Engadide na wiki todo canto queirades: eu comecei 
unha guía de localización pero está incompleta. Tamén, os que saibades de 
deseño gráfico e css-ing tedes traballo canto queirades :)

Só como nota, a intención do foro é servir para recibir correccións de 
erros e 
queixas de xente externa, non para usarmos nós a diario. Penso que o correo é 
moito máis áxil. 

Saúdos!

Responderlle a