2010/5/18, Fran Diéguez <listas en mabishu.com>:
> Gústame a idea, porén o UNE15038 non vexo que poida certificar o nivel
>  de calidade senón que certifica os procesos internos.

Non ho!, non me refería a aplicar un sistema de traballo conforme a
esa norma!, senón a que esa norma ESIXE que os tradutores teñan unha
formación axeitada OU unha experiencia profisional demonstrábel.
Considero que sería oportuno dispor de recursos para poder certificar
a experiencia (pseudo-profisional) da xente que colabore con nos.

>  O exemplo máis claro é por analoxía o CMMI, que certifica que o teu
>  proceso é o axeitado, facer unha medición de tempos e recursos adicados
>  e "garante" uns procesos estandarizados. Pola contra o CCMI non garante
>  que o teu software sexa de calidade. "Podes ter un proceso de creación
>  de software de la leche pero o teu software pode non valer para nada"
>
>  En GNOME tamén estou tentando levar a cabo un estudo do traballo de cada
>  colaborador e coas estimacións oportunas para que nun futuro poida
>  desviar o meu traballo e o do resto segundo conveña, sen menoscabar o
>  nivel de tradución (cantidade e calidade).
>  O principal problema atopo é a falta de persoal cualificado (neste
>  contexto, con experiencia dabondo) e con contribucións perdurábeis no
>  tempo.
>
>  O argumento de non depender da dispoñibilidade dun coordinador si que é
>  un argumento importante. Máis en GNOME non se pode levar a cabo xa que
>  aínda que non vaia depender dun coordinador si que dependes dun remisor
>  (persoa con permisos de remisión de traducións no git) e que
>  necesariamente ten que ter coñecementos técnicos para facelo.
>
>  Trasno nesas liñas debería buscar colaboradores con enfoques ben
>  diferenciados a todos os nosos
>   - Persoal:
>
>  Saúdos
>
>
>  _______________________________________________
>  Proxecto mailing list
>  Proxecto en trasno.net
>  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: Standard-15038-final-draft-en.pdf
Type: application/pdf
Size: 141580 bytes
Desc: non dispoñíbel
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100519/c17769b9/attachment-0001.pdf>

Responderlle a