Xa temos a nova versión lista para os usuarios finais. A nova versión está totalmente integrada como versión oficial polo que se cumpriu o obxectivo fundamental que era asegurar a continuidade do proxecto sen dar pasos atrás desde que en 2006 o proxecto OOo.org estivo totalmente en mans da Administración.
Neste mesmo momento está distribuÃndose polos servidores espello. Esta versión 3.2.1 é a primeira versión froito do traballo da nova coordinación que asumÃn hai uns meses; por iso, tócame tanto agradecer a colaboración prestada (Leandro e Damufo) como pedir que comentedes o que vos pareza oportuno sobre ela. Naturalmente, despois do que pasou de hai un ano para aquÃ, aÃnda hai problemas que están pendentes de solución para lograrmos unha integración correcta e actualizada. Toda a información necesaria e os comentarios podedes facelos no blog oficial de coordinación. http://blog.openoffice.gl/ Un saúdo, Antón Méixome ------------ próxima parte ------------ Borrouse un anexo en formato HTML... URL: <http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100605/2f7d5ee6/attachment.htm>