Bon día,

Necesito que provedes esta función. Para isto:
a) Na configuración do proxecto, sección "Scripts" comprobade que o
"Open source file" está presente, e mediante o botón "Editar" que se
refire a un script que está en trunk/l10n-kde4
b) Satisfeito o anterior, mirade de baixar o código dun programa e
deixádeo en trunk/KDE/modulo/programa.
c) Iniciade o lokalize desde unha terminal, abride o ficheiro po
correspondente e premede no nome do ficheiro, no panel de "Metadatos"

d) D.m. debería abrirse o ficheiro fonte, na liña correcta. Se non
vaí, por favor pasádeme as mensaxes de erro que apareceron  na
terminal.

Saúdos, Marce
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a