Esquecino, na terminal non aparece nada novo ao premer a ligazón.

O Martes, 17 de Xullo de 2012 20:21:26 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Teño:
> 
> - Código fonte:
>   - kde/KDE/calligra/[código fonte do módulo]
>   - kde/trunk/gl/messages/calligra/kexi.po
>   - kde/trunk/scripts/lokalize/opensrc.py (e configurado no proxecto xunto
> con outros dous).
> 
> Xulgando polas seguintes liñas do guión:
> 
> ourPath=([p for p in sys.path if p.endswith('/scripts/lokalize')]+[''])[0]
> ourPath+'/../../../KDE/kdebase/'+s+'/'+package
> 
> Entendo que teño as rutas de acordo co que se espera.
> 
> Pero ao premer nas ligazóns ao código fonte dende Kexi, sáltame unha xanela
> de diálogo coa mensaxe:
> 
> «Non se poden abrir os ficheiros de fontes porque non ten cargado ningún
> script para facer tal cousa. Consulte o manual de Lokalize para ver
> exemplos de scripts e como integralos no seu proxecto.»
> 
> Estou a empregar Lokalize 1.4.
> 
> O Luns, 16 de Xullo de 2012 08:20:13 mvillarino escribiu:
> > Bon día,
> > 
> > Necesito que provedes esta función. Para isto:
> > a) Na configuración do proxecto, sección "Scripts" comprobade que o
> > "Open source file" está presente, e mediante o botón "Editar" que se
> > refire a un script que está en trunk/l10n-kde4
> > b) Satisfeito o anterior, mirade de baixar o código dun programa e
> > deixádeo en trunk/KDE/modulo/programa.
> > c) Iniciade o lokalize desde unha terminal, abride o ficheiro po
> > correspondente e premede no nome do ficheiro, no panel de "Metadatos"
> > 
> > d) D.m. debería abrirse o ficheiro fonte, na liña correcta. Se non
> > vaí, por favor pasádeme as mensaxes de erro que apareceron  na
> > terminal.
> > 
> > Saúdos, Marce
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a