2012/8/9 Amador Loureiro Blanco <dor...@adorfunteca.org>
>
> Oh! Desculpas. Respondín a Antón sen facelo á lista. Supoño que a memoria
> está construída sobre os ficheiros de GlotPress, pero inclúo con este correo
> o ficheiro por se faltaba algo.

A memoria que xerei eu está feita cos ficheiros que hai en
http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/ e que non sei se se
corresponden coa última versión de WordPress.

Acabo de descargar o que enviou Amador (moitas grazas) e xerei un
ficheiro TMX. Antes de substituír o que hai no FTP do Proxecto Trasno
fun mirar cal era o que tiña máis palabras (ou cadeas) e resulta que o
que eu tiña xerado de antes ten máis palabras e máis cadeas. Isto
pareceume un pouco raro porque de partida Amador enviou moitos máis
ficheiros dos que eu lembro ter empregado para xerar a outra memoria.

Visto o que hai creo que vou manter a memoria que xa está subida e
paso de subir esta nova memoria, a non ser que se corresponda coa
publicación dunha versión oficial de WordPress, caso no que
probablemente interese ter outra memoria máis. Vós diredes.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a