Os ficheiros do repositorio non están tan actualizados como os que
descarguei do GlotPress e incluín no zip. Se vos fixades están os de varias
versións de WP e algúns outros complementarios como o de cidades e paises,
etc. Pensei que era mellor meter por exceso que por defecto :)

Sobre o de optar por un ou outro, a verdade é que non sei que criterio
usar. Máis actualizados están os do zip e probablemente os do repositorio
teñan moitas cadeas xa obsoletas.

Non sei se pode facer unha mega-macro-fusión de todo, pero igual é un caos
ou entorpece o uso posterior do TMX.

Grazas Leandro polo traballo!

2012/8/10 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2012/8/9 Amador Loureiro Blanco <dor...@adorfunteca.org>
> >
> > Oh! Desculpas. Respondín a Antón sen facelo á lista. Supoño que a memoria
> > está construída sobre os ficheiros de GlotPress, pero inclúo con este
> correo
> > o ficheiro por se faltaba algo.
>
> A memoria que xerei eu está feita cos ficheiros que hai en
> http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/ e que non sei se se
> corresponden coa última versión de WordPress.
>
> Acabo de descargar o que enviou Amador (moitas grazas) e xerei un
> ficheiro TMX. Antes de substituír o que hai no FTP do Proxecto Trasno
> fun mirar cal era o que tiña máis palabras (ou cadeas) e resulta que o
> que eu tiña xerado de antes ten máis palabras e máis cadeas. Isto
> pareceume un pouco raro porque de partida Amador enviou moitos máis
> ficheiros dos que eu lembro ter empregado para xerar a outra memoria.
>
> Visto o que hai creo que vou manter a memoria que xa está subida e
> paso de subir esta nova memoria, a non ser que se corresponda coa
> publicación dunha versión oficial de WordPress, caso no que
> probablemente interese ter outra memoria máis. Vós diredes.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 

Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org*
[image: Twitter] <http://www.twitter.com/dorfun> [image:
Facebook]<http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco>
 [image: LinkedIn] <http://www.linkedin.com/in/dorfun> [image: Google
Reader] <http://www.google.com/reader/shared/dorfun> [image: Blog
RSS]<http://feeds.feedburner.com/adorfunteca>
 [image: SlideShare] <http://www.slideshare.net/dorfun> [image:
Flickr]<http://www.flickr.com/photos/dorfun/>
 [image: YouTube] <http://www.youtube.com/profile?user=dorfun> [image:
Delicious] <http://delicious.com/dorfun> [image:
Last.fm]<http://www.last.fm/user/dorfun/>
 [image: Tumblr] <http://dorfun.tumblr.com/> [image:
Vimeo]<http://vimeo.com/dorfun>
 [image: FriendFeed] <http://friendfeed.com/dorfun>
[image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/]
dor...@hotmail.com [image: Skype/] dorfun
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a