2012/8/17 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
> Buffff, Leandro estame a poñer a proba....
>
>
> Estiven a facer algunhas cousas, de momento estes son os resultados:
>
>
>
>
> # Hai que cambiar a regra "PT-2011_framework" para incluír tamén a
> #  posibilidade de traducilo como «marco de desenvolvemento».
>
> Feito
>
> #  Hai que cambiar a regra "PT-2011_key" porque tamén se pode traducir
> #  como «chave»(para cifrar ou codificar) e como «clave»(identificador
> #  único para obter datos nun dicionario, matriz ou BD).
>
> Feito
>
> #  Falta a regra para «clipboard» que se traduce como «portapapeis».
>
> Feito
>
> #  Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_chat" porque tamén se pode
> #  traducir como «conversar».
>
> Feito
>
> #  Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_download" porque tamén se
> #  pode traducir como «descarga».
>
> Feito
>
> #  Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_upload" porque tamén se pode
> #  traducir como «envío».
>
> Feito
>
> #  Falta a regra para «remove» que se traduce como «retirar» ou como
> #  «desinstalar»(cando se trata dun paquete de software).
>
> Feito
>
> #  Falta a regra para «delete» que se traduce como «eliminar».
>
> Feito
>
> #  Falta a regra para «valid» que se traduce como «correcto/a».
>
> Feito
>
> #  Faltan as regras para «addon» e «add-on», «extension», «complement»
> #  que se poden traducir como «complemento» e como «engadido».
>
> Feito
>
> #  Falta a regra para «roll back» que se traduce como «regresar». Quizais
> #  se poida incluír na regra "PT-2011_rollback".
>
> Feito
>
> #  Falta a regra para «encryption». Quizais se poida incluír na regra
> #  "PT-2011_encrypt".
>
> Si, debería cachala esa regra.
>
> #  Falta a regra para «decryption». Quizais se poida incluír na regra
> #  "PT-2011_decrypt".
>
> Si, debería cachala esa regra
>
> #
> #  Falta a regra para «username», «user name», «login», «login name» que
> #  se traducen como «nome de usuario».
>
> Feito
>
> #  Falta a regra para «environment» que se traduce como «ambiente».
>
> Non faltaba, tiña o nome co ano errado (2011 no canto de 2012)
>
> #  Falta a regra para «empty» que se traduce como «baleiro/a» ou «baleirar».
>
> Feito
>
> #  Falta a regra para «change» que se traduce como «cambio» ou «cambiar».
>
> Feito
>
> #  Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_highlight" para indicar que
> #  tamén se traduce como «realce».
>
> Feito
>
> #  Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_buffer" para indicar que o
> #  plural é «búferes».
>
> Feito
>
> #  Non entendo por que a regra "noPT-2011_develop" ten un identificador
> #  «noPT», segundo o que vexo segue perfectamente os acordos.
>
> Supoño que foi un erro copiando e apegando
>
> #  Falta a regra para «development» que se traduce como «desenvolvemento».
>
> Vaaale
>
> #  Falta a regra para «developer» que se traduce como «desenvolvedor».
>
> Vaaale
>
> #  Falta a regra para «provider» que se traduce como «fornecedor».
>
> En que non te satisfai a regra "noPT-2011_provide"?

Creo que onte non me funcionou así. Había unha cadea orixinal na que
aparecía «provider» e na tradución aparecía «proporcionador» (se non
lembro mal) e a regra non saltaba. Non lembro exactamente, pero pode
que fora porque aparecía «fornecer» na frase. Despois de todas estas
actualizacións que estás facendo (moitísimas grazas Marce) volveremos
darlle unha pasada a GNOME e a ver que regras fallan.

En todo caso pódese actualizar o hint para indicar que «provider» se
traduce como «fornecedor».

> #  Falta a regra para «replace» e «replacement» que se traducen como
> #  «substitución».
>
> En que non te satisfai a regra "noPT-2011_replace"?

Creo que é outra regra que me fallou no «campo de batalla» :). Agora
mesmo non sabería dicirche ningún caso real (a menos que cho indicara
nas mensaxes que che enviei estes últimos días). En todo caso
poderiase incluír no hint da regra que «replacement» e «replace» (como
substantivo) se traducen como «substitución».

> #  Falta a regra para «app» que se traduce como «aplicativo».
>
> Feito.
> Agora que o penso, nunha mensaxe anterior dicias algo que afectaba a esta 
> regra.
>
> #
> #  Falta a regra para «launch» que se traduce como «inicio» e «iniciar».
>
> Ondiá! resulta que a metera en: id="PT-2011-gl_lanzar" (controlledLang.rules)
> Feito
>
> #  Falta a regra para «launcher» que se traduce como «iniciador».
>
> Feito (pero de má gana: a anterior debería saltar nesta se fose
> traducida dun xeito "arcaico".
>
> #  Falta a regra para «paste» que se traduce como «pegar».
> #
> #  Falta a regra para «audio» e «sound» que se traducen como «son».
>
> En que non te satisfai a regra con id="PT-2011-gl_audio" ?

En que esa regra non contempla o caso de que no texto orixinal
aparezan «audio» ou «sound». Só salta cando na tradución aparece
«audio» para indicar que hai que traducilo como «son».


> Tamén estiven a pensar que, tal vez, para non perde ningunha  das
> mensaxes coas correccións a facer, quen sabe, podería ser interesante
> facer unha páxina wiki.

Quizais. Aínda que non vexo por que se había perder nada.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a