Sabedes da campaña que hai para demandar a galeguización do Twitter,
hai uns días dei cun pequeno aplicativo

http://hotot.org/

É curioso e dalle unha volta de utilidade á interface web do Twitter e
en galego, a tradución faise a partir de ficheiros .po pero logo o
aplicativo utiliza json.
Ben, como non fun capaz de converter o .po a .json coa ferramenta
po2json nin con outras cousas que prometían facelo, pido a ver se
alguén pode.
Deixei a tradución no github

https://github.com/shellex/Hotot/issues/406

Como non vexo progreso pola súa parte, sería cousa de facermos nós a
conversión e publicar unha nota para a web sobre a súa
dispoñibilidade.

Agradecía axuda para esa conversión e comprométome eu a facer a nova
para publicar.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to