O Sábado, 10 de Novembro de 2012 15:38:36 Leandro Regueiro escribiu:
> Non o dicía por iso, senón que estaba pensando que quizais sería máis
> sinxelo manexar nun único repositorio todos os ficheiros,
> independentemente de se son para a versión volga ou para a xeral, xa
> que se poderían xerar ficheiros finais diferentes para empaquetar as
> dúas versións de hunspell. Non sei se me explico.

Unha de dúas:
        - Ou non me expresei/entendiches ben a primeira vez. O que dis é a idea.
        - Ou non entendo o que queres dicir, sigue lendo e dime que pensas que 
sería mellor facer doutro xeito.

A cousa está dividida en módulos, e ti compilas os módulos que queiras.

De momento non hai moita división, teño pensado facelo sobre a marcha e de 
forma progresiva, pero agora mesmo xa podes xerar, partindo do mesmo 
repositorio, o corrector con ou sen símbolos de unidades de medida.

Sen:

        scons aff=norma dic=volga

Con:

        scons aff=norma,unidades dic=volga,unidades

O último caso é nestes momentos o predeterminado, é dicir, o resultante 
executando:

        scons
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a