Eu decidín traballar contra o hunspell-gl precisamente porque vin que no 
hunspell-gl-volga estaban eses outros ficheiros, que pouco ou nada teñen que 
ver con Hunspell. Ademais, dado que a miña idea é poder construír un corrector 
que non sexa estritamente o do Volga, o nome non tiña sentido.

O que subín a hunspell-gl é estritamente para a xeración dos ficheiros .aff e 
.dic de Hunspell, máis nada.

Persoalmente, prefiro separar a creación dos paquetes ou complementos 
(downstream) da xeración do software ou contidos (upstream), cada unha nun 
repositorio. E agora mesmo, o hunspell-gl-volga ten varios tipos de contido 
orixinal e cousas para empaquetación que eu separaría en repositorios de seu:

- hunspell-gl. Para xerar o .aff e o .dic de Hunspell.
- hyph-gl. Para xerar o .dic coas regras de separación.
- thesaurus-gl. Para xerar o .dat e o .idx do thesaurus.
- openoofice-gl-spellchecker. Guións, SCons ou o que sexa que en tempo de 
construción descarga o contido de hunspell-gl, hyph-gl e thesaurus-gl, e o 
xunta todo debidamente na extensión para o OpenOffice.

O sentido de usar repositorios separados é o de facilitarlle a vida aos 
empaquetadores das distintas distribucións. Cando eu queira empaquetar o 
hunspell-gl para Chakra a partires da última versión do repositorio, non me 
interesa ter que descargarme más ficheiros dos relacionados co hunspell.

Eu non teño nin a máis remota idea — e hei de dicir que pouco interese, dado 
que non uso OOo nin LibO — dos pasos que hai que seguir para construír o 
complemento de LibO, nin sei nada dos proxectos de hyph e thesaurus, ou de 
como se poden explotar fóra do seu uso para o complemento de LibO (algún outro 
programa que os use?).

Porén, non me importaría preparar o SConstruct ou facer algún guión para 
automatizar os seus procesos de construción ou axudar a separar o seu código 
fonte en módulos coma no Hunspell, se é que se poden beneficiar de algo así.

En calquera caso, a iniciativa para os proxectos aparte do Hunspell non vai 
saír de min. Se alguén coñece con detalle os pasos que se seguen durante a 
construción deses “proxectos” e de verdade lle interesa automatizalo pero non 
sabe como ou non ten tempo de poñerse a iso, que mo diga, ou simplemente o 
diga na lista, que aquí a metade sabe programar seguro.

O Sábado, 10 de Novembro de 2012 20:47:28 Leandro Regueiro escribiu:
> O que quería dicir é
> que agora mesmo hai dous repositorios diferentes:
> 
> https://github.com/meixome/hunspell-gl
> https://github.com/meixome/hunspell-gl-volga
> 
> e que tal como fas ti abondaría con ter un único repositorio, coas
> cousas ben separadas para non mesturar o volga co non-volga, e cando
> se vaian sacar novas versións xeraríanse con SCons e no momento os
> ficheiros .dic e .aff para cada unha das dúas versións e despois
> empaquetalas para distribuílas. A fío de isto, o proceso de empaquetar
> os OXT ou .deb é moi tedioso, e igual se pode usar SCons para
> automatizalo.
> 
> Deicaasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a