Boa nova por parte de Google. Enviado por Xuco a través de Google Reader: Xa podemos traballar con Google na corrección dos seus topónimos deturpados vía Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia de Fernando Sarasqueta el 10/12/12
Os buscadores e os servizos xeográficos da Rede nunca salientaron polo respecto á toponimia oficial galega. A raizame do problema estaba no de sempre: trátase de ferramentas novas que botan man de bases de datos vellas, de uso militar ou vinculadas a réximes centralistas. Se ben Google Maps e Google Earth non eran dos peores, tiñan cousas que solucionar. Para arranxalo definitivamente, Google vén de convocar aos internautas galegos para que lle axudemos a verificar a corrección dos seus datos xeográficos e, entre eles, o da toponimia. Plataformas como ProLingua xa están a animar á comunidade en liña do país para que fagan uso dos mecanismos de feedback que a compañía norteamericana proporciona para corrixir as deturpacións toponímicas da xeografía galega, “que non son poucas”, engade ProLingua. A medida, por certo, non só nos afecta a nós: afecta a ducias de pobos que viviron unha situación semellante na súa historia, de rebautizamento dos seus casais, vilas, aldeas e cidades por parte doutras culturas interesadas en darlle o todo un toque máis homoxéneo e centralizador. A iniciativa, segundo se sinala na Rede, intégrase no proxecto Ground Truth, que se remonta a 2008 e que xurdiu coa finalidade de lograr mapas máis precisos, fiábeis e respectuosos cos pobos aos que reflicten. E todo, tirando proveito das fontes orixinais e da contribución dos internautas locais. Cosas que puedes hacer desde aquí: - Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia con Google Reader - Empezar a utilizar Google Reader para mantenerte al día fácilmente de todos tus sitios favoritos
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto