Grazas pola aclaración! Con esa corrección[1] acábanse as correccións dos erros dos que teño constancia. Se alguén sabe dalgún erro —palabra marcada incorrecta cando é correcta, ou correcta cando é incorrecta— que non estea na lista de correccións feitas[2], por favor que o engada á lista de erros pendentes[3], e procurarei encargarme del canto antes.
A miña idea é, en canto os arranxos se inclúan no repositorio principal, poñerme con algunhas melloras para o sistema de construción do dicionario, principalmente a separación das suxestións (REP) nun ficheiro de seu, o que permitiría engadir e eliminar liñas de suxestión sen necesidade de actualizar cada vez o número de liñas que conteñen suxestións; un número que o formato de Hunspell dita que debe definirse, e que fai imposible, por exemplo, facer dous “pull request” de suxestións contra o repositorio principal e que o resultado non rompa o sistema de suxestións ou dea lugar a un conflito de edicións. Despois deses cambios, poreime a engadir as suxestións que poida listadas na Wikipedia[4] (só poden engadirse aquelas nas que a expresión errónea está composta por unha única palabra) e mailas listadas no noso wiki[5]. E logo ocupareime de crear un módulo que inclúa os acordos das Trasnadas (e outro módulo para min con vocabulario específico de Wesnoth :). Se todo marcha segundo o previsto, todo isto podería rematarse este mes. Despois desconectarei do Hunspell e poreime con outras leas miñas. Así que quen vexa que falta algo necesario neste plan, que fale agora ou cale para sempre! Un saúdo. O Luns, 4 de Febreiro de 2013 00:43:55 Antón Méixome escribiu: Non é defectivo en absoluto. O corrector ten que dalas todas por boas 2013/2/2 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com[6]> Ola. Teño dúbidas coa conxugación de «sobrevivir». ¿É “defectivo”? É dicir, o corrector debería dar por boas só P3 e P6 (situación actual), ou todas as persoas? Mostra: sobrevivimossobrevividessobrevivensobrevivimossobrevividessobreviven Das seis, agora mesmo só estamos a dar por correctas a terceira e a sexta formas. Un saúdo._______________________________________________Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net[7] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto[8] -------- [1] https://github.com/meixome/hunspell-gl/pull/98 [2] http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell#Erros_corrixidos_e_propostas_aplicadas [3] http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell#Erros_e_propostas_pendentes [4] http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Erros_de_ortografía [5] http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell#Suxesti.C3.B3ns [6] mailto:adriyeticha...@gmail.com [7] mailto:Proxecto@trasno.net [8] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto