Ola Roi:

Eu levo a extensión que incorpora o corrector, non fago o corrector, empaquétoo para que se poida usar no Firefox e no Thunderbird. A versión actual ten a versión de Miguel Solla o cal supoño que cambiarei en canto se probe e demostre que a de Proxecto Trasno funciona mellor que a que actualmente hai.
Seguramente sexa interesante discutir isto na seguinte trasnada.

Saúdos.


En 06/02/2013 21:36, Vivaelcelta escribiu:
Ola, díxome Miguel Branco que ti es o que fai o corrector de galego para o 
Firefox. E quería preguntarche cando farás unha nova versión. Xa que se fixeron 
moitos cambios como pode verse aquí http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a