2013/2/21 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> Hei de dicir que non acabo de ver iso de anunciar a tradución de Twitter
> no sitio web oficial de Trasno.
>

Douche a miña perspectiva

Se a saída ao público da opción non conseguise unha certa repercusión nos
medios e tal, eu faría esa nova tratándoo como exemplo de que a presenza do
galego nas modernas plataformas da comunicación depende finalmente da
xente. Esa foi a miña única pretension en darlle o maior impacto posible.
Para min, o soporte na rede, nas interfaces actuais, do galego é
absolutamente equivalente á invención da imprenta.

Para salientar, ademais falta total de apoio das autoridades (políticas)
non sendo para tirar proveito para tal ou cal partido en campañas
electorais; tamén faltaron mesmo entidades culturais e asociativas ao
chamado.

Tamén para salientar o "experimento" cultural que resula a determinación de
terminoloxía técnica para un proxecto de certa complexidade nun entorno sen
figuras de autoridade, como se fai en Trasno.

Tamén para salientar que as orientacións que algúns membros de Trasno demos
ao principio do proxecto puxeron bases o bastante firmes para que a xente
non tropezase mil veces nos mesmos croios e puidese avanzar. Despois
conviña retirarse para deixar que outros, ben encamiñados xa, medrasen co
proxecto. Que non decaese pero tendo coidado de non taponar a ninguén e
confiar, confiar. É a miña opinión, claro.

No fondo, non resulta un proxecto de tradución demasiado diferente ao que
facemos noutros casos onde a xente de Trasno non temos a responsabilidade
ou participación exclusiva senón que somos "parte de".

Ora, é certo absolutamente que non podemos facer pasar o colectivo Trasno
como o que levou a maior parte do peso. Quen o levou maiormente, nun grao
altísimo, foi o usuario @markooss, responsable tamén da conta
@twitter_en_galego e do blog (que agora non atopo).

Máis alá do mérito, a quen corresponda, está a necesidade de divulgalo. Aí
é onde Trasno como web podía axudar. Como está tendo abondo repercusión,
creo que xa non é necesario pero había que esperar.

Do que había que publicar era da saída de Firefox 19.0 que iso si que nos
toca totalmente, así que animo a Keko ou a quen teña algo que comunicar que
o divulgue tamén para sacarlle lustre ao traballo, presumir de idioma e
tentar atraer a máis colaboradores porque son proxectos de éxito.

Saúdos






> O Xoves, 21 de Febreiro de 2013 08:52:13 Leandro Regueiro escribiu:
> > On Wed, Feb 20, 2013 at 8:45 PM, Antón Méixome <cert...@certima.net>
> wrote:
> > > Excelente nova para o Día da Lingua Materna. Non é SwL pero é unha
> tradución
> > > feita pola comunidade na que participaron varios dos membros de Trasno.
> >
> > Ocúpaste ti logo de redactar unha nova?
> >
> > A ver se dera tempo a botar a andar a nova web (todos os servizos).
> > Iso si que estaría ben.
> >
> > > Chío, chío
> >
> > Rechouchío, rechouchío :)
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a