Boas:

Se non me erro a web de trasno aínda non está operativa.
Deixo esta ligazón a unha nova que puxen no meu blogue sobre a traducion do Piwigo ó galego.

http://www.damufo.com/blogue/piwigo-2-4-0-traducido-o-galego/

Se parece ben e cando sexa posible, pode poñerse tamén na web de trasno.

O núcleo está ó 100%, tamén están traducidas algunhas extensións, a instalación e a axuda está en progreso.

Unhas notas sobre o estilo:
- Tratamento: informal
- Emprego da contracción "ó" no canto de "ao" e segunda forma do artigo.
- Terminación -ble/-bles no canto de -bel/-beis

O formato son ficheiros php coa cadea orixe e cadea a traducir.
Preguntei se tiñan algo para pasar a po e a resposta foi negativa.

Deica.
--
Dani

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a