> OASIS está dando os últimos pasos para a publicación. Servirá para algo?

No software libre, non. Por dous motivos:
a) libintl en determinados sistemas forma parte de libc (entre outros,
en sistemas tan irrelevantes como Ubuntu e Debian). Así que aínda que
aos desenvolventes de gettext lles dese un ataque que sensatez e
fixesen unha nova gettext que usase este formato de ficheiro, habería
unha forte barreira para a popularización.
b) No fondo, o sistema escollido polo actual gettext está concebido
para que a internacionalización teña moi pouco custo para o equipo
desenvolvente. Vamos, para que non se poida dicir que é traballosa
para non internacionalizar.
Isto maniféstase en que a base de datos que é o ficheiro po/mo ten
como chave primaria a dupla "mensaxe orixinal"/"contexto" (onde algún
elemento pode estar nulo. E esta alternativa escolleuse en contra do
outro sistema que había para escoller: catgets, que por resumir, é o
que fai o resto do universo: meter no código unha identificación da
mensaxe, e que o sistema de i18n vaia buscar o texto a un ficheiro de
recursos sempre.
A vantaxe destoutro sistema é que ten moi pouco custo que cada texto,
aínda que igual que outros, vaia na súa propia unidade de tradución.
Daquela (1995) podía argumentarse a favor de gettext tal e como a
coñecemos que era barata de popularizar, e de localizar (non había
memorias de tradución aínda, non non esquezamos, e mesmo hoxe en día
non sempre se fai propagación automática).

Vaia ladrillo que me saiu.

Ao que estabamos: non vai servir de moito porque a) non hai unha
libintl que use do xliff, b) usalo como formato intermedio non quita
do problema de ter varias mensaxes metidas nunha unidade de tradución
se o programa usa gettext, e c) mete fases no fluxo de traballo aínda
que o programa use ficheiros de recursos ou propiedades.

Onde si vale o formato xliff 2? Pois onde as memorias de tradución
sexan segredas, dado que pode conter candidatos (ver apéndice b da
especificación), e onde os glosarios sexan de obrigado cumprimento,
porque permite meter un glosario sinxelo, pero eficaz, dentro do
ficheiro xliff. É dicir, aló onde un provedor subcontrate, pague por
palabra (e suponse que menos se o texto orixe da unidade de tradución
casa co que xa teña presente nunha memoria) e obrigue a cumprir cun
glosario.
E claro, que un par de etapas máis ou menos, automatizábeis, de
conversión de formato do ficheiro, non importen moito.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a