2013/5/7 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
> Ola.
>
> Sigo co traballo de subida de ficheiros, xa poucos me quedan e ao mellor
> deicido non subilos xa que non compensa, xa que os ficherios teñen moi
> poucas cadeas traducidas e o traballo individual para cada un no que hai que
> desmarcar todas as cadeas que non están traducidas, é dicir, que son igual
> ca orixinal, non compensa.
>
> Así que, nestes momentos estamos en:
>
> Na versión 2.0 no 75% da tradución.
> Na versión 2.5 no 69% da tradución.
>
> O ideal sería chegar ao 80% é colocarse entre as pouco menos de 30 linguas
> que están por riba de dita porcentaxe.
>
> Seguramente estes días estea parado xa que vou mirar de atender un
> requirimento que fan de Mozilla para a versión 21 de Firefox, xa que son
> capaces de non sacala en galego aínda que está traducida.
>
> Saúdos.
>

Grazas polo informe, Keko.


>
> 2013/5/3 damufo <dam...@gmail.com>
>>
>> Grazas Keko!!
>> En 02/05/2013 2:24, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>>
>>> Ola.
>>>
>>> Como traballo pendente da OSL, a título persoal dixen que me ía encargar
>>> de subir os ficheiros traducidos ao proxecto Moodle, e non só para a versión
>>> 2.4 que se tentou traducir, cun resultado de case 100.000 palabras
>>> traducidas.
>>>
>>> Estes días comecei a subir os ficheiros. Podo dicir que xa subín os 124
>>> ficheiros que están traducidos ao 100%. Agora comezarei a subir os pouco
>>> máis de 400 ficheiros que hai traducidos parcialmente, cousa que me vai
>>> levar máis tempo. A maiores estou propagando as traducións polas diferentes
>>> versións desde a 2.0 ata a 2.5, que é a desenvolvemento actual.
>>>
>>> Parece que xa están integrando as traducións e creando os langpack con
>>> estas cadeas recentemente subidas. Pódense ver as estatísticas aquí:
>>>
>>> Para a versión 2.5, estamos ao 45%
>>> http://download.moodle.org/langpack/2.5/
>>>
>>> Para a versión 2.4, estamos ao 47%
>>> http://download.moodle.org/langpack/2.4/
>>>
>>> Para a versión 2.0, estamos ao 53%
>>> http://download.moodle.org/langpack/2.0/
>>>
>>> Cando teña todo en orde, a ver se preparo unha nova para publicar o
>>> traballo realizado pola OSL, pero tamén a colaboración de Trasno, xa que
>>> desde que rematei o contrato estou traballando a título persoal, como membro
>>> de Trasno.
>>>
>>> Saúdos.
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a