O Mércores, 15 de Maio de 2013 19:16:18 mvillarino escribiu:
> Istoooo, enténdese que nunca vos traballaron dous colaboradores á vez sobre
> dun mesmo ficheiro ?

Un colaborador? Que é iso?

> 2013/5/8 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>
> 
> > Boa tarde,
> > 
> > pois que levo un tempo barallando este tema. Cruzóuseme cando aquelo da
> > proposta do translatewiki de meter unha interface web para traducir kde,
> > e seguín dándolle voltas ao asunto.
> > (de aí que teña traballos pendentes de remitir)
> > 
> > A cousa é que veña que tumba e dalle cheguei a elaborar un script en
> > python, dependente de pology, que realiza un "3-way merge" de ficheiros
> > po,
> > 
> >  questá sen rematar e por exemplo sei que debería facer un procesamento
> > 
> > adicional das unidades de tradución de recoñecemento dos tradutores, e
> > tamén podería mellorar no que fai coas cabeceiras, pero que queredes que
> > vos diga, fai o traballo.
> > 
> > Peeeeero..... claro, faino como a min me peta, e non sei se iso é o
> > correcto.
> > 
> > Para quen queira coñecer máis dos detalles, podedes atopar o script onde
> > sempre (... kde.... /l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts/ ... e
> > non me recordo o nome).
> > 
> > O que ven facendo é:
> > 
> > Sexan tres ficheiros po, tal vez, pero non necesariamente, "rebase-ados"
> > no mesmo ficheiro pot.
> > Apiloaos en capas, con "old" no fondo, seguido de "mine" e no cume
> > "yours". Defíne un criterio de "transparencia" das unidades de tradución
> > das capas que non son fondo.
> > Mira desde riba.
> > 
> > .. si, xa sei que se podería xeralizar a n ficheiros.
> > 
> > Por favor, comentarios.

Se entendo o que estás a facer: tes un ficheiro .po orixinal, no cal 
sobrescribes as traducións a partir dun segundo ficheiro .po (mine), usando só 
(opcionalmente) as cadeas traducidas.
Despois repites a operación cun terceiro ficheiro .po (yours).

O único «aquel» que lle vexo é que en caso de que os dous traduciran unha 
mesma cadea, no resultado final quedaría sempre a versión de «yours», se non 
entendín mal. Penso que estaría ben que no caso de conflitos, ou incluso de 
correccións sobre o .po orixinal, dese un aviso ou marcase dalgunha forma 
para, de forma manual, escoller a versión máis axeitada.


Eu fixen algo parecido fai pouco, que penso tería resultados parecidos, usando 
msgmerge. Algo así:

$ msgmerge -C outro.po orixinal.po orixinal.pot

Supoño que isto non me actualiza as cadeas de orixinal.po se xa estaban 
traducidas, pero se corrixiron no outro.po. Tampouco sei que fai cas 
cabeceiras.


En calquera caso fáiseme raro o de facelo a 3 vías. Non sería mellor ir 
integrándoos un a un?

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a