Ola a todos e a todas.

Escribínvos hai tempo para colaborar coa localización do CyanogenMod ao
galego, proxecto que estaba aloxado en Transifex. Hai uns meses mudaron o
proxecto a Crowdin, desde onde levamos traballando catro persoas na
localización. É bastante traballo, polo que, cantos máis sexamos, mellor:
antes acabamos e máis ollos para asegurarnos que non haxa problemas.

O enderezo web é este: https://crowdin.net/project/cyanogenmod/gl

Toda colaboración, sexa pequena ou grande, será máis que benvida.

Un saúdo a todos e desculpade polas molestias.

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a