O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com> escribiu:
> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? Pode
> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro. É
> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde ca
> nunca...
>
> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome (<cert...@certima.net>)
> escribió:
>>
>> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>> escribiu:
>> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
>> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
>> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
>> > dous directorios.
>>
>>
>> Claro,
>>
>> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
>> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
>> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
>> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
>> Supoño que tiraches de consola para reunilos

Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón.

Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte:

- Baixei un tar do directorio e descomprimino
- Creei un virtualenv e instalei
https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install
android2po)
- Lin o README https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst
- Creei un directorio chamado po
- a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos
ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van
gardar os ficheiros PO)
-  
http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx


Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende
de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios
dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos).


Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a