O 14 xaneiro 2016 00:26, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
> Envío a tradución actual de CM 12.1
>
> O tema é buscar de onde sacar a versión en inglés en-US.
>
> As versións en en-UK e en-AU son moi reducidas xa que os tradutores
> non editan todos os ficheiros dun idioma completo, supoño que só tocan
> os que lles parecen relevantes para a súa variedade. Non hai versión
> consultable orixinal salvo na plataforma Crowdin cando traduces cadea
> a cadea.

Pois vai haber que facer o mesmo que con Android: ir repositorio a
repositorio en https://github.com/CyanogenMod

Comprobei algúns ficheiros e non parece que sexa tan complicado. Por
exemplo se abres o ZIP e entras en
/cm-12.1/device/samsung/galaxys2-common/AdvancedDisplay/res/values-gl-rES/
ves que iso está en
https://github.com/CyanogenMod/android_device_samsung_galaxys2-common/tree/cm-12.1/AdvancedDisplay/res/values-gl-rES
O máis complicado é atopar o repositorio, pero se vas a
https://github.com/CyanogenMod e en "Filters" (enriba da lista de
repositorios) escribes "android_device_samsung" xa che filtra os
repositorios para /cm-12.1/device/samsung/ Así por exemplo sería
"android_frameworks_base" para /cm-12.1/frameworks/base/ Así ves que
con substituír os "/" por "_" e que "cm-12.1" é "android" é facil
filtrar.


Deica

> O 13 xaneiro 2016 22:47, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
> escribiu:
>> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
>> escribiu:
>>> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
>>> escribiu:
>>>> O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com> 
>>>> escribiu:
>>>>> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
>>>>> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
>>>>> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? 
>>>>> Pode
>>>>> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
>>>>> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo 
>>>>> Leandro. É
>>>>> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
>>>>> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde 
>>>>> ca
>>>>> nunca...
>>>>>
>>>>> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome (<cert...@certima.net>)
>>>>> escribió:
>>>>>>
>>>>>> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>>>>> escribiu:
>>>>>> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
>>>>>> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
>>>>>> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
>>>>>> > dous directorios.
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> Claro,
>>>>>>
>>>>>> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
>>>>>> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
>>>>>> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
>>>>>> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
>>>>>> Supoño que tiraches de consola para reunilos
>>>>
>>>> Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón.
>>>>
>>>> Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte:
>>>>
>>>> - Baixei un tar do directorio e descomprimino
>>>> - Creei un virtualenv e instalei
>>>> https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install
>>>> android2po)
>>>> - Lin o README 
>>>> https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst
>>>> - Creei un directorio chamado po
>>>> - a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos
>>>> ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van
>>>> gardar os ficheiros PO)
>>>> -  
>>>> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx
>>>>
>>>>
>>>> Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende
>>>> de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios
>>>> dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos).
>>>
>>> Esquecíame. Se me indicades onde está o repositorio de Cyanogen podo
>>> ver a ver se dou sacado un TMX.
>>
>> Acabo de mirar cantos repositorios ten Android e é brutal:
>> https://android.googlesource.com/ Vai dar un traballo bestial
>> converter todo iso. Supoño que con scripts se podería automatizar,
>> claro.
>>
>>
>> Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a