Podemos probar

Co traslado, Dinahosting ofrece 3 meses de hosting

Podo reconfigurar o subdominio para que termos.trasno.net cargue a
páxina estática.

Espero a mañá a ver se hai solución en Xaduín

O 21 xaneiro 2016 20:32, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribiu:
> O 21 xaneiro 2016 13:54, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>> Isto non o carga
>>
>> http://termos.trasno.net/index.html
>>
>> Pero isto, si
>>
>> http://termos.trasno.net/trasno.html
>>
>> http://termos.trasno.net/trasno.php
>>
>> Pódese entender? Teñen os mesmos permisos e usuario
>
> Ola,
> Non o entendo. Poderiase arranxar isto co novo hosting?
>
>
> Deica
>
>> O 21 xaneiro 2016 09:39, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
>> escribiu:
>>> O 21 xaneiro 2016 01:11, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>>>> Xa vin os ficheiros
>>>>
>>>> O subdominio xa responde correctamente pero o servidor de Xaduin non
>>>> carga o index.html
>>>>
>>>> Este tema xa me pasa con varios subdominios. Non entendo por que non 
>>>> funciona.
>>>>
>>>> Mandei unha consulta técnica a ver pero de verdade que me parece un
>>>> tema incomprensible porque non é problema de permisos no cartafol. Ten
>>>> que haber algún tema especial co panel de administración.
>>>
>>> Probei onte á noite e o dominio xa funcionaba pero non cargaba nada.
>>> Hoxe envía un erro 403. A ver se responde rápido.
>>>
>>>
>>> Deica
>>>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> O 20 xaneiro 2016 21:26, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> 
>>>> escribiu:
>>>>> 2016-01-20 21:02 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>>>>> 2016-01-20 11:48 GMT+01:00 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>>>>> 2016-01-19 19:39 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>>>>>>> Do glosario
>>>>>>>>
>>>>>>>> GLOSARIO DE TÉRMINOS
>>>>>>>> DE PUBLICIDAD Y MARKETING DIGITAL
>>>>>>>>
>>>>>>>> http://www.smartycontent.com/web/wp-content/uploads/Glosario__IAB_marzo_2012.pdf
>>>>>>>>
>>>>>>>> Aplett (Aplicación para la navegación)
>>>>>>>> Pequeña aplicación de software que utilizan con frecuencia los
>>>>>>>> navegadores para mostrar animaciones automáticamente o realizar
>>>>>>>> consultas en bases de datos solicitadas por el usuario.
>>>>>>>
>>>>>>> Aplett é incorrecto. Debería ser «applet», que xa se discutiu e se non
>>>>>>> lembro mal xa ten tradución acordada.
>>>>>>
>>>>>> Si, creo que temos tradución acordada. O erro de escribir aplett é do
>>>>>> glosario. Fíxome dubidar que se referise a outra cousa.
>>>>>
>>>>> Si, a tradución acordada é «miniaplicativo».
>>>>>
>>>>>
>>>>>>> Isto lémbrame que temos que poñer a funcionar de novo a páxina
>>>>>>> estática de consulta dinámica de terminoloxía de Trasno. É tan simple
>>>>>>> como activar un subdominio e servir o contido estático a través do
>>>>>>> servidor web. Antón, miramos isto o fin de semana en media hora?
>>>>>>>
>>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> Acabo de configurar un novo subdominio termos.trasno.net para poder
>>>>>> subir aí o tema do vocabulario. Podes acceder coas claves de Xaduin
>>>>>> Miramos esta finde, si.
>>>>>
>>>>> Acábome de conectar e subín a páxina web e os ficheiros asociados. Non
>>>>> son quen de ver se funciona porque parece que termos.trasno.net aínda
>>>>> non está dispoñible no DNS. Cando funcione debería verse ao visitar
>>>>> http://termos.trasno.net/html_trasnadas.html Unha vez comprobado que
>>>>> funciona xa lle cambiaremos o nome a index.html para que vaia
>>>>> directamente con http://termos.trasno.net/
>>>>>
>>>>>
>>>>> Deica
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a