Lexnet non é un "sistema" calquera, leva uns 10 anos de
desenvolvemento co obxectivo de converterse na administración dixital
de todas as facetas da xustiza, un sistema que globaliza o uso do
dixital e eliminará o uso do papel.

O problema son os detalles:
Déixovos para lectura, un artigo que levaba tempo esperando. Alguén
con coñecemento directo e excelente criterio:

Un extracto:

«se está utilizando una tecnología propietaria, se están utilizando
máquinas que solamente funcionan con un determinado Java, no se está
cifrando la información, la identificación de los usuarios esté en
manos de ActiveX (diseñado por una empresa que ha tenido gravísimos
fallos de seguridad) y los formatos exigidos (como el PDF) hacen que
el sistema no sea interoperable.»

http://www.baquia.com/tecnologia/base-tecnologica-lexnet-inconstitucional


Trasno levou este asunto ás reunións coa AMTEGA pedindo que se estude
a fondo, debido á transcendencia, do mesmo calibre que o software que
se utiliza no sistema educativo.

Aquí están en xogo os dereitos dos cidadáns e mesmo a calidade da
democracia na nosa sociedade. Por non falar das garantías para o uso
do noso idioma, da invasión de competencias autonómicas ou da
indefensión cando se produzan todo tipo de problemas de funcionamento
ou do monopolio tecnolóxico en que queda encerrado todo.
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a