Re: [Semi-OT] Axuda cunha expresión regular
O Sábado 04 Outubro 2008 15:49, Jesus Bravo Alvarez escribiu: > E > confiar en que non haxa ningunha etiqueta partida en dúas liñas ;) Quedou coma o plano! Recén entregados en trunk/l10n-support/gl/tools están os scripts cos que estaba a argallar. O que fan é pór o msgid/msgstr nunha liña cada un, e adicionalmente retiran as etiquetas, entidades, atallos e troca as conxuncións et por and. Que para que é útil... pois agora non o recordo exactamente, pero téñoos empregado. -- Best regards, MV
Re: [The Battle for Wesnoth] Nomes de lugar
Propoño algúns prefixos/sufixos tendo en conta a compatibilidade coas orixinais de Leandro (Vila-, Aldea-, Ribeira-, -longa, -vella, -nova): Mon- Pena- -maior -menor Os seguintes xa non soan tan ben nalgunhas situacións, pero quizais habería que consideralos: Chaira- -sacra -derramo -doñedo -douro
Re: Publicouse KDE 4.1.2
> 1. Á hora de presentalo ó público, un 99'...% pódese dicir que virtualmente é > un 100%. Cada DÍA estanse a sumar e eliminar cadeas, e nun proxecto de aprox. > 130mil cadeas na interface coma KDE e nun algo menos, pero amplo, GNOME, é > dificil conseguir estar sempre no 100% absoluto. Iso sen contar as cadeas "truque", como unha que nos falta en tuberling (o home pataca), que só se pode traducir en xustiza tras ter traducido os sons do xogo (*) e outra análoga no aforcado (iirc), que se debería traducir despois de ter os ficheiros de palabras listos. (*)De ahí o requerimento por unha voz melodiosa, que a miña é de anís con zorollos.
Re: [Semi-OT] Axuda cunha expresión regular
> >Isto é o que emprega lokalize para dar coas etiquetas xml: > >(<[^>]+>)+|(&[A-Za-z_:][A-Za-z0-9_\\.:-]*;)+ > > >E isto atopa calquera etiqueta XML ou secuencias de escape tipo [...] >$line =~ s/REGEXP//g; E como sería a regexp? O citado en riba para lokalize? > > E confiar en que non haxa ningunha etiqueta partida en dúas liñas ;) Je,je, iso xa o teño arranchado: é o de eliminar as etiquetas e demáis músicas é o que me falla nun script adaptado do port2gal, que o que fai é tomar un po, e ou pór cada msgid nunh liña, ou idem para o msgstr. Que para que o quero? Pois para deixalo en trunk/l10n-support/gl/tools, ao dispór de quen lle sexa útil (pontualmente, para as listaxes de estrelas e demáis, a min fóronmo) Que vaia ben