Re: [gnome-gl] Corrección de GNOME con posieve e as regras de MVillarino
On Wed, 26 Jan 2011 18:45:26 +0100 Leandro Regueiro wrote: [...] > > Propoño facer un obradoiro de dez minutos na vindeira Trasnada para > que a xente aprenda a usar o básico. Eu apuntaríame. Estou ultimamente moi mangante cos ordenadores, non dou conseguido que me entren as ganas de poñerme a fozar con este tema, pero parece que ten moi boa pinta... > > Deica > ___ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto -- Saúde, J. M. Castroagudín (jchaves) http://chav.es ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [gnome-gl] Corrección de GNOME con posieve e as regras de MVillarino
> PD2: tenho que investigar agora como funciona a integración co > hunspell/aspell e facer as correccións ortográficas pertinentes. Hai xa algúns ficheiros de dicionario persoal temáticos aló por lang/gl/spell. Son dicionarios aspell. Laméntoo, é o que hai. Co hunspell hai unha dificultade: hai moitos idiomas para os que aspell abonda. O inglés e o servio entre eles. Mágoa. Non é sinxelo construir algo útil no sentido de que saque poucos erros. Cos ficheiros de xfce que incialmente cantaba uns 490 erros só baixei a cifra a 420 ou así; claro, os dicionarios que hai son de media hora de traballo (posieve.py check-spell-ec -slang:gl -saccel:_ | cut -d" " ---f4 | sed -e "s/'//" | tr | sort | uniq -c |sort -n se mal non recordo para sacar a lista de palabras) No caso de kde, como se usa o campo msgctxt intensamente, é posíbel estabelecer que non se aplique esta peneira en determinados contextos, pero polo que vin nos ficheiros de outros proxectos isto non é universalizábel. Tamén convén mirar de aplicar esta peneira desde dentro do check-rules, dado que deste xeito poden terse prefiltrados os textos das mensaxes, quitando elementos que se sabe van fallar, como etiquetas e entidades xml, opcións da liña de ordes etc. Agora ben, facer isto así cando xa só no ficheiro kdelibs4 hai 565 posíbeis erros ortográficos paréceme unha temeridade. > PD3: xa para nota sería tentar facer que posieve funcione con > languagetool Non che vai? Vota a andar o LT mediante o java -jar LanguageToolGUI.jar (iirc), escolle neste o galego, minimiza á bandexa -por comodidade- e fai un posieve.py check-grammar -slang:gl -sport:8081. Non mudes o porto no LT. Talvez haxa que usar -slang:gl-es ou -slang:gl_es, non recordo exactamente, pero rular rulaba. Hai un^H^H dous problemas: a) LanguageTool segmenta a día de hai un par de meses fatal, e varias regras dependen dunha boa segmentación b) Hai moi poucas regras para ser realmente útil c) Cona! Arremecagoná! xusto un bon obxectivo para meter traballo nel. d) Paso de turrar coa regras. Son mooi complicadas para alguén que non teña uns coñecimentos sólidos de filoloxía/lingüística. ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [gnome-gl] Corrección de GNOME con posieve e as regras de MVillarino
Aquí estou de novo coa minha historia, e podo dicir historia dun éxito. Anovei o wiki con unha nova pasada do posieve en GNOME 3.0 coas novas regras que Marce incluíu, tendo en conta os meus correos con suxestións (perdín a conta pero deberon ser uns 8 con varios erros en cada un deles). http://wiki.trasno.net/Verificaci%C3% B3n_con_Posieve_en_GNOME_3.0#Terceira_pasada Coas regras do principio marcábanse 2545 erros. Coas regras melloradas logo de moito traballo por parte de Marce e moitas cadeas cambiadas ao longo do proceso nos ficheiros po do GNOME Core 3.0 chegamos á cifra total de erros de SÓ 34!!! Great job Marce! Congrats PD: Animo a todos os coordinadores e revisores de proxectos a usar pology coas últimas regras xa que axilizan o traballo MOITÍSIMO. PD2: tenho que investigar agora como funciona a integración co hunspell/aspell e facer as correccións ortográficas pertinentes. PD3: xa para nota sería tentar facer que posieve funcione con languagetool O Mér, 26-01-2011 ás 18:45 +0100, Leandro Regueiro escribiu: > 2011/1/26 Fran Dieguez : > > Ola rapaces, > > > > logo de que Leandro me ensinara a ferramenta pology (dentro a orde > > posieve) e aproveitando as regras que Marce escribiu para o idioma > > galego, xunto coas regras que importou da minha ferramenta GRIL... > > púxenme a aplicalas a GNOME Core 3.0. > > > > Podedes encontrar o relato de como usei a ferramenta na seguinte páxina > > da wiki de trasno, con estatísticas iniciais e finais para as dúas > > pasadas que fixen coa ferramenta. > > > > http://wiki.trasno.net/Verificaci%C3%B3n_con_Posieve_en_GNOME_3.0 > > > > Estiven continuamente enviándolle correos con falsos positivos a Marce > > para que poida corrixir as regras e metendo excepcións segundo > > corresponda. > > > > Como valoración persoal quero dicir que esta ferramenta promete moito e > > que debemos usala en tódolos proxectos, xa que as últimas regras que > > Marce ten escrito, incluso os consensos da Trasnada10, son bastante boas > > e axudan bastante. > > > > Anexo un parche cos cambios que fixen nalgunhas regras ou mesmo aquelas > > que tiven que eliminar porque ou ben non funcionan ben ou ben funcionan > > de máis. > > > > Aínda así as estatísticas finais non son correctas xa que a cantidade de > > erros finais (400 e pico) conto que máis do 80% son falsos positivos > > (regras están ben escritas pero que o contexto valida a tradución). > > Eu paseille só as regras da Trasnada a Xfce e fixen uns 90 cambios, > entre os que se inclúe un «ventá» que se escapou da homoxeneización de > «window» de hai máis dun ano. Isto podemos sumalo aos máis de 600 > cambios feitos á man, e con moito traballo, antes de usar Pology. > > O certo é que a integración de Pology con Lokalize é incriblemente > útil e facilita moitisimo o traballo, xa que abre os ficheiros nos que > se detectaron erros e só se mostran as cadeas con posibles erros > detectados (mostrando os comentarios devoltos por Pology respecto dos > erros que di detectar na cadea en cuestión). Revisar de forma > automática as traducións deste xeito é moi agradable, sobre todo > despois de eliminar Marce certos falsos positivos que non deberían > saltar. > > Comento tamén que se crearon dous bugs, un para Virtaal e outro para > Gtranslator, para que se inclúa compatibilidade con Pology nestas dúas > ferramentas e non obrigar á xente a cambiarse a Lokalize para > aproveitar ao máximo Lokalize. O desenvolvedor de Pology mostrou o seu > interese e está agardando a que os desenvolvedores desas dúas outras > ferramentas movan ficha, así que non viria mal que presionedes algo > para darlle prioridade a estes bugs: > > Bug para Gtranslator: https://bugzilla.gnome.org/show_bug.cgi?id=640445 > Bug para Virtaal: http://bugs.locamotion.org/show_bug.cgi?id=1851 > > Moitas grazas polo teu gran traballo nas regras Marce!! E tamén a > Chusslove por crear o Pology! > > Propoño facer un obradoiro de dez minutos na vindeira Trasnada para > que a xente aprenda a usar o básico. > > Deica > ___ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto -- Fran Diéguez Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 signature.asc Description: This is a digitally signed message part ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Re: [gnome-gl] Corrección de GNOME con posieve e as regras de MVillarino
2011/1/26 Fran Dieguez : > Ola rapaces, > > logo de que Leandro me ensinara a ferramenta pology (dentro a orde > posieve) e aproveitando as regras que Marce escribiu para o idioma > galego, xunto coas regras que importou da minha ferramenta GRIL... > púxenme a aplicalas a GNOME Core 3.0. > > Podedes encontrar o relato de como usei a ferramenta na seguinte páxina > da wiki de trasno, con estatísticas iniciais e finais para as dúas > pasadas que fixen coa ferramenta. > > http://wiki.trasno.net/Verificaci%C3%B3n_con_Posieve_en_GNOME_3.0 > > Estiven continuamente enviándolle correos con falsos positivos a Marce > para que poida corrixir as regras e metendo excepcións segundo > corresponda. > > Como valoración persoal quero dicir que esta ferramenta promete moito e > que debemos usala en tódolos proxectos, xa que as últimas regras que > Marce ten escrito, incluso os consensos da Trasnada10, son bastante boas > e axudan bastante. > > Anexo un parche cos cambios que fixen nalgunhas regras ou mesmo aquelas > que tiven que eliminar porque ou ben non funcionan ben ou ben funcionan > de máis. > > Aínda así as estatísticas finais non son correctas xa que a cantidade de > erros finais (400 e pico) conto que máis do 80% son falsos positivos > (regras están ben escritas pero que o contexto valida a tradución). Eu paseille só as regras da Trasnada a Xfce e fixen uns 90 cambios, entre os que se inclúe un «ventá» que se escapou da homoxeneización de «window» de hai máis dun ano. Isto podemos sumalo aos máis de 600 cambios feitos á man, e con moito traballo, antes de usar Pology. O certo é que a integración de Pology con Lokalize é incriblemente útil e facilita moitisimo o traballo, xa que abre os ficheiros nos que se detectaron erros e só se mostran as cadeas con posibles erros detectados (mostrando os comentarios devoltos por Pology respecto dos erros que di detectar na cadea en cuestión). Revisar de forma automática as traducións deste xeito é moi agradable, sobre todo despois de eliminar Marce certos falsos positivos que non deberían saltar. Comento tamén que se crearon dous bugs, un para Virtaal e outro para Gtranslator, para que se inclúa compatibilidade con Pology nestas dúas ferramentas e non obrigar á xente a cambiarse a Lokalize para aproveitar ao máximo Lokalize. O desenvolvedor de Pology mostrou o seu interese e está agardando a que os desenvolvedores desas dúas outras ferramentas movan ficha, así que non viria mal que presionedes algo para darlle prioridade a estes bugs: Bug para Gtranslator: https://bugzilla.gnome.org/show_bug.cgi?id=640445 Bug para Virtaal: http://bugs.locamotion.org/show_bug.cgi?id=1851 Moitas grazas polo teu gran traballo nas regras Marce!! E tamén a Chusslove por crear o Pology! Propoño facer un obradoiro de dez minutos na vindeira Trasnada para que a xente aprenda a usar o básico. Deica ___ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto