[G11n] Verificador ortográfico

2008-06-12 Conversa Frco. Javier Rial
Ola Miguel:

Estivemos revisando o que nos enviaches e co cambio que mandaches 
xéranse problemas cos verbos rematados en -guar.

Proba a poñer deslingüei e deslinguei. Vaiche dar as dúas opcións como 
correctas.

Entón a solución non está en quitar a vogal u da regra da liña 279 e 280.

Hai que engadir dúas regras máis abaixo para a excepción da u dos 
verbos acabados en -guar para que detecte correctamente a diérese.

As liñas a engadir no aff serían estas:

SFX 201  uaruei/102,103[^g]uar
SFX 201  uaruéi/666,104[^g]uar

Ademais, debido a isto, hai que modificar onde pon

SFX 201  Y110#Primeira_conxugación_regular

e poñer

SFX 201  Y112#Primeira_conxugación_regular

Indicando a inclusión de 2 novas regras.

Sobre a colocación do pronome enclítico no verbo haber, ningunha 
obxección, xa o engadimos.

Procedo a actualizar isto nos distintos correctores (OpenOffice.org, 
firefox, etc...).

Cando estea todo actualizado xa avisamos.

Saúdos e graciñas

Miguel Solla escribiu:
 Envío un arquivo de afixos para o hunspell que corrixe dous dos erros
 pendentes na wiki de mancomún:

 http://wiki.mancomun.org/index.php/Discusi%C3%B3n:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org

 Non vin o tema moi a fondo, pero pareceume que para solventar o dos
 superlativos (só os sintéticos en -ísimo/a(s), pois cando menos algúns dos
 superlaticos en -érrimo si os verifica) faise preciso unha revisión máis
 fonda que inclúe tamén o arquivo co dicionario.
 Aproveito para comentar algunha cousiña que tamén se podería poñer como
 pendente: Hai determinados verbos que non admiten construción reflexiva nin
 recíproca en galego (falecer, casar...) pero que o verificador si que admite
 como válidos.
 Parabéns para mancomún por reverter para a comunidade ferramentas coma esta.
 Alguén se anima a propoñer cousiñas para o fío que se abrira sobre que facer
 co golfiño?
   
-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez
Mancomun.org - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia
http://www.mancomun.org
mancomun en mancomun.org

[G11n] Verificador ortográfico

2008-06-12 Conversa Miguel Solla
Xenial,

efectivamente sen o engadido que comentas o verificador validaría a forma
*deslinguei (desculpas).

Unha cousa por se dese tempo antes de que actualices...
Daría tempo a engadir afixos para o pronome de solidariedade?

#  7-11. Pron. solidariedade máis dativo: che + (me, lle, nos, vos, lles)

 que o pronome de solidadariedade pode ter plural (vos) e formas de cortesía
en singlular e plural (lle e lles).
Ademais co pronome de solidariedade, coas esas poucas regras, só se verifica
que a continuación vaia un dativo, pero tamén pode ir unha secuencia de
dativo + acusativo (Contóuchenolo).
Con algunha regra maís que engada a posibilidade de usar o dativo de
interese xunto co pronome de solidariedade (As historias contoúchemellelas
á/os rapaza/ces) o corrector xa recoñecería as posibilidades do pronome
enclítico.

Se cadra é pedir de máis.
Apertas e parabéns de novo

El día 12 de junio de 2008 9:54, Frco. Javier Rial fjrial en cesga.es
escribió:

 Ola Miguel:

 Estivemos revisando o que nos enviaches e co cambio que mandaches
 xéranse problemas cos verbos rematados en -guar.

 Proba a poñer deslingüei e deslinguei. Vaiche dar as dúas opcións como
 correctas.

 Entón a solución non está en quitar a vogal u da regra da liña 279 e 280.

 Hai que engadir dúas regras máis abaixo para a excepción da u dos
 verbos acabados en -guar para que detecte correctamente a diérese.

 As liñas a engadir no aff serían estas:

 SFX 201  uaruei/102,103[^g]uar
 SFX 201  uaruéi/666,104[^g]uar

 Ademais, debido a isto, hai que modificar onde pon

 SFX 201  Y110#Primeira_conxugación_regular

 e poñer

 SFX 201  Y112#Primeira_conxugación_regular

 Indicando a inclusión de 2 novas regras.

 Sobre a colocación do pronome enclítico no verbo haber, ningunha
 obxección, xa o engadimos.

 Procedo a actualizar isto nos distintos correctores (OpenOffice.org,
 firefox, etc...).

 Cando estea todo actualizado xa avisamos.

 Saúdos e graciñas

 Miguel Solla escribiu:
  Envío un arquivo de afixos para o hunspell que corrixe dous dos erros
  pendentes na wiki de mancomún:
 
 http://wiki.mancomun.org/index.php/Discusi%C3%B3n:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org
 
  Non vin o tema moi a fondo, pero pareceume que para solventar o dos
  superlativos (só os sintéticos en -ísimo/a(s), pois cando menos algúns
 dos
  superlaticos en -érrimo si os verifica) faise preciso unha revisión máis
  fonda que inclúe tamén o arquivo co dicionario.
  Aproveito para comentar algunha cousiña que tamén se podería poñer como
  pendente: Hai determinados verbos que non admiten construción reflexiva
 nin
  recíproca en galego (falecer, casar...) pero que o verificador si que
 admite
  como válidos.
  Parabéns para mancomún por reverter para a comunidade ferramentas coma
 esta.
  Alguén se anima a propoñer cousiñas para o fío que se abrira sobre que
 facer
  co golfiño?
 
 --
 Frco. Javier Rial Rodríguez
 Mancomun.org - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia
 http://www.mancomun.org
 mancomun en mancomun.org

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080612/8e3c5ce2/attachment.htm
 
[G11n] Firefox ao 100%

2008-06-12 Conversa Leandro Regueiro
Moi boa nova. Grazas de verdade a todos os que o fixeron posible.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

2008/6/12  suso.baleato en xunta.es:
 Boas,

 Nistes momentos están a facerse as últimas comprobacións sobre os
 ficheiros traducidos, mais infórmovos xa de que acabamos de chegar ao
 100% da tradución.

 Nunhas horas enviaremos o zip á Fundación Mozilla para que o integre xa
 nos repositorios oficiais. A partires dese momento, xa será cousa da
 Fundación Mozilla decidir cando e como poderemos ter unha versión do
 Firefox 3 en galego.

 Saúdos,

 --
 Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
 Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia
 Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
 (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  suso.baleato @ xunta.es
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

[G11n] Firefox ao 100%

2008-06-12 Conversa Fran Dieguez
Boísima nova,

e ademáis de que Mozilla confirmara a versión definitiva de ff3 para 
o 17 de xuño

Grazas

Leandro Regueiro escribiu: