[G11n] [Guls] XGN 2009

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
Ola.

Supoño que poderiamos volver intentar facer o do obradoiro de
tradución, pero sabendo a xente que o hai, dando algún regalo para
animar á xente, e non tendo conflictos con outra xente pola hora e
mailo lugar. O de volver montar iso de traducir un mínimo de 50 cadeas
estaría ben, pero penso que a persoa que máis traducira tería que ter
premio asegurado.

Tamén se podería montar un torneo dalgún xogo, ainda que se volve
pasar o do ano pasado mellor deixalo.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


[G11n] palabras hunspell

2009-01-08 Conversa Alejo Pacín Jul
Si, ten pinta que un pouco taladrado da cachola anda. Mira que me rin cando
o lin, xDDD.

2009/1/8 mvillarino mvillarino en gmail.com

  envío aquí os ficheiros nos que escribin tódalas palabras de dous
  diccionarios que tiña pola casa. Estou traballando para transcribir
  outro, pero xa se me están acabando as ganas...

 Tu o que estás é taladrado da cabeza !
 Co dicionario digalego podes, por dicilo eufemisticamente, facer que
 acidentalmente os seus contidos rematen nun dispositivo de armacenaxe
 de datos que non sexa propriedade da editorial irindo nen de
 subcontrata algunha, sen máis que facer 1 (unha) consulta dada. O
 estraviz precisa dunha consulta por sino escrito
 (abcçdefghijklmnopqrstuvwxyz1234567890). E  en ambos os dous casos de
 wget ou útil similar, e de un pouco de scripting...
 E cos dicionarios podes comprobar que as conxugacións verbais sexan
 correctamente recoñecidas con e sen enclíticos?
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n




-- 
Un gaiteiro na lúa cos pés na terra. Nova web oficial Xanzá -
www.xanza.weebly.com
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090108/bc04/attachment.htm
 


[G11n] palabras hunspell

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
2009/1/8 Alejo Pacín Jul alejopj en gmail.com:
 Si, ten pinta que un pouco taladrado da cachola anda. Mira que me rin cando
 o lin, xDDD.

Algo tiña que facer no Nadal que non fora estudar, digo eu.

Ata logo,
Leandro regueiro


[G11n] [Galician] Feito facido. (Era: Fwd: Hard comments on the press about Galician translation of Firefox 3)

2009-01-08 Conversa Leandro Regueiro
 Ademais falando de integración, esquecín dicir que en KDE dá igual os
 programas por defecto que teñas que FF úsache Nautilus, Brasero, totem,
 deluge... para abrir as cousas, e de que eu sepa non hai xeito posible de
 establecer que programas queres usar. Disto xa hai bug abertos (irresolutos).
 E q a min todo isto sóname a 'bias', a preferencia.

A min tócame bastante o carallo que cando lle dou a baixar un ficheiro
cun formato para o que o Firefox non ten asignado un programa ou ten
un que non me interesa, se lle quero especificar o MEU programa teño
que buscar o executable a pelo no sistema de ficheiros. Xa non é que
lle pida que me mostre a lista de programas do Gnome nin outras cousas
polo visto moi avanzadas, senón que nin sequera me abre o choio para
que busque onde todo o mundo sabe que están os executables, senón
noutro directorio que non ven a conto.

Ata logo,
  Leandro Regueiro