[G11n] [terminoloxia] workaround

2009-06-09 Thread damufo


Antón Méixome escribiu:
> 
> Considero que sería óptimo buscar unha palabra única en lugar dunha 
> fórmula porque en moitos casos falamos dunha técnica ou dun procedemento 
> para que algo funcione correctamente e unha frase non se adecúa en 
> moitos casos ao contexto concreto, nos que se pide un verbo. Por esa 
> razón en moitas linguas acábase por reducir a "solución/solucionar"  que 
> eu considero inapropiado porque en realidade non á "solución" dun 
> problema senón precisamente a maneira de rodealo.
> 
> En galego a forma máis neutra sería dicir "arranxo". Secundariamente 
> propoñería amaño e apaño, por esa orde.
> 
Aínda que me vale, a min pareceme máis temporal o de apaño vexo máis 
definitivo o arranxo que o apaño.

> Datos:
> 
> en. workaround (work-around)
> (formas alternativas en inglés: solution, adjustment, fix, repair, 
> answer, fixing-up, re-fitting, remedy, way out of a problem; Way out of 
> a problem)
> 
> Definición:
> Solución temporal dun problema, non correctora.
> 
> Equivalentes rexistrados:
> 
> fr. solution de rechange, palliatif, (correction de probleme, solution 
> de contournement Microsoft)
> es. solución, arreglo (solución alternativa (Microsoft)
> it. soluzione alternativa (Microsoft)
> pt-br. gambiarra, solução alternativa, reparo (Microsoft)
> pt. solução, correcção do erro
> ct. ?
> gl. Solución alternativa (SuSE)
> ro. rezolvarea
> 
> 
> E de paso... workbench?
> 
> 
> 
> 
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


[G11n] Erro en paquete de galego de joomla?

2009-06-09 Thread damufo
Boas Minhoca:
Acabo de instalar un joomla 1.5.11 e unha vez instalado fun á descarga 
dos paquetes de idioma 1.5.11, instalaron sen erro algún.
Podes indicarme máis información do erro que che indica? SO?


Minhoca escribiu:
> Fai dous dias fixen unha instalación de joomla 1.5.11, e, efectivamente 
> ofreceume (por defecto), a instalación en galego.
> 
> Porén, cando fun engadir os paquetes do idioma para o frontend e 
> backend, recibín erro na instalación dos dous). Tiven que recuar e meter 
> o paquete anterior, da versión 1.5.7
> 
> 


[G11n] Melloras no Corpus de Mancomún

2009-06-09 Thread mvillarino
> Sen dúbida mellor este «Miúdiño chove sobor do barro no que choupan os
> meus zapatos.» Haberá máis opcións ou facemos un concurso?

A ver. Mellor, mellor, é a outra, xa que contén máis letras
_diferentes_, esta non contén o «x».
Haber haberá máis posibilidades: tampouco estaría de máis facer un concurso.

A outra frase é dunha páxina web de tipografía. Descoñezo da de
«miudiño...», esa deberíadeslla preguntar a Xabi G. Feal ou a J.
Bravo, pois xa ven de KDE3, ou antes.


[G11n] [terminoloxia] workbench

2009-06-09 Thread damufo


Miguel Bouzada escribiu:
> 
> 
> 2009/6/8 Leandro Regueiro  >
> 
> 2009/6/8 Antón Méixome  >:
>  >
>  > Considero que sería óptimo buscar unha palabra única en lugar
> dunha fórmula
>  > porque en moitos casos falamos dunha técnica ou dun procedemento
> para que
>  > algo funcione correctamente e unha frase non se adecúa en moitos
> casos ao
>  > contexto concreto, nos que se pide un verbo. Por esa razón en
> moitas linguas
>  > acábase por reducir a "solución/solucionar"  que eu considero
> inapropiado
>  > porque en realidade non á "solución" dun problema senón
> precisamente a
>  > maneira de rodealo.
>  >
>  > En galego a forma máis neutra sería dicir "arranxo". Secundariamente
>  > propoñería amaño e apaño, por esa orde.
>  >
>  > Datos:
>  >
>  > en. workaround (work-around)
>  > (formas alternativas en inglés: solution, adjustment, fix,
> repair, answer,
>  > fixing-up, re-fitting, remedy, way out of a problem; Way out of a
> problem)
>  >
>  > Definición:
>  > Solución temporal dun problema, non correctora.
>  >
>  > Equivalentes rexistrados:
>  >
>  > fr. solution de rechange, palliatif, (correction de probleme,
> solution de
>  > contournement Microsoft)
>  > es. solución, arreglo (solución alternativa (Microsoft)
>  > it. soluzione alternativa (Microsoft)
>  > pt-br. gambiarra, solução alternativa, reparo (Microsoft)
>  > pt. solução, correcção do erro
>  > ct. ?
>  > gl. Solución alternativa (SuSE)
>  > ro. rezolvarea
> 
> Ata certo punto poderia valer "parche", pero mellor non abusar diso.
> 
>  > E de paso... workbench?
> 
> Polo contexto no que o vin diria algo como "obradoiro", pero digoo sen
> ter nin idea do significado real. Non sei se no Netbeans teñen algo
> como isto pero lembro que no Eclipse namais entrar atopas o
> "workbench" ou aparece iso na pantalla inicial.
> 
> 
> Eu vexoo como "relativo/relacionado/do/co traballo" polo que obradoiro 
> pode ser unha opción se o contexto o apoia, podería ser "contorna de 
> traballo" etc...
> 
Se non me erro no eclipse en español está traducido como "espacio de 
trabajo"
> 
> 
> Ata logo,
> Leandro Regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org 
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 
> 
> 
> 
> -- 
> "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, 
> .xlsx, .ppt, .pptx
> 
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org  e 
> na sala galpon_minino en conf.jabberes.org 
> 
> 
> 
> 
> 
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


[G11n] RAG

2009-06-09 Thread damufo


Leandro Regueiro escribiu:
>> Segundo a súa propia declaración, o VOLG non é unha lista de palabras para
>> exemplificar as normas ortográficas, non vai de acentos nin de xénero
>> gramatical ...  é un "vocabulario normativo " de urxencia á espera de que
>> haxa un auténtico Dicionario da lingua, é dicir que é a fonte máis
> 
> Non me fodas!! E cando pensan facer algo respecto ao dicionario?
> Supoño que será moito traballo, pero aínda que sexa pouco a pouco
> podian ter feito un en dez anos e ilo ampliando pouco a pouco, digo
> eu.
> 
> Ata logo,
>Leandro regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 
A RAG estalle a facer moito mal ao galego, é unha verdadeira vergonza 
que non exista un dicionario da RAG en liña (nin en papel) de uso libre. 
Mellor dito, é peor que exista un dicionario sen anovar (normativa antes 
do 2003) o cal confunde a moita xente.
A miña opinión é clara, a RAG con estas non actuacións dana a lingua galega.
Que se pode facer ao respecto?


[G11n] Pangrama

2009-06-09 Thread Antón Méixome

Xa que cambiamos o tema, haberá que cambiar o asunto do fío, non?

Estou de acordo con Marce, un pangrama informático completo en galego 
debería ter (creo que non me esquece ningunha letra):

a, á, b, c, d, e, é, f, g, h, i, í, ï, l, m, n, ñ, o, ó, p, q, r, s, t, 
u, ú, ü, v, x, z  - (os dígrafos poderían obviarse: ch, gu, ll, nh, qu, 
rr). 0123456789

Entendo que os antigos j, ç, y e as estranxeiras k, w tampouco teñen que 
estar.

Obviamente con todo iso non pode ser unha frase curta, que non haxa 
moita repetición, que ademais teña sentido e sexa artística... entón a 
cousa ponse moi costa arriba. Aí é onde estaría o mérito.

Pero un pangrama razoábel podería ser moito menor, por exemplo con

a, á, b, c, d, e, é, f, g, h, i, í, l, m, n, ñ, o, ó, p, q, r, s, t, u, 
ú, v, x, z

Extra bonus con + j , ç, y, k, w


Por exemplo a

- *Miúdiño chove sobor do barro no que choupan os meus zapatos

Fáltalle : á, é, í, ó, ú (porque se escribe miudiño), f,g,l,x (e tamén j,k,w,y)

- Necesitamos unha tipografía chuliña de cor kiwi, que lle zorregue unha 
labazada visual á xente

Está case completo e sería aceptábel pero falta:  é, ó, ú, j, y ...

Se non hai proposta mellor utilizaremos esta última.

Antón 



mvillarino escribiu:
>> Sen dúbida mellor este «Miúdiño chove sobor do barro no que choupan os
>> meus zapatos.» Haberá máis opcións ou facemos un concurso?
>> 
>
> A ver. Mellor, mellor, é a outra, xa que contén máis letras
> _diferentes_, esta non contén o «x».
> Haber haberá máis posibilidades: tampouco estaría de máis facer un concurso.
>
> A outra frase é dunha páxina web de tipografía. Descoñezo da de
> «miudiño...», esa deberíadeslla preguntar a Xabi G. Feal ou a J.
> Bravo, pois xa ven de KDE3, ou antes.
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 854 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090609/03eb6c2f/attachment.vcf
 


[G11n] Pangrama

2009-06-09 Thread Antón Méixome

Ben, eu conseguín esta

A gozada lingüística fará, ós peneques con viño, xente con éxito. O 
último whisky en Djibuti!

-letras básicas
-letras estranxeiras
-vogais acentuadas
-comas, punto, signo de admiración

Case me dou por vencido.

Antón


Antón Méixome escribiu:
>
> Xa que cambiamos o tema, haberá que cambiar o asunto do fío, non?
>
> Estou de acordo con Marce, un pangrama informático completo en galego 
> debería ter (creo que non me esquece ningunha letra):
>
> a, á, b, c, d, e, é, f, g, h, i, í, ï, l, m, n, ñ, o, ó, p, q, r, s, 
> t, u, ú, ü, v, x, z  - (os dígrafos poderían obviarse: ch, gu, ll, nh, 
> qu, rr). 0123456789
>
> Entendo que os antigos j, ç, y e as estranxeiras k, w tampouco teñen 
> que estar.
>
> Obviamente con todo iso non pode ser unha frase curta, que non haxa 
> moita repetición, que ademais teña sentido e sexa artística... entón a 
> cousa ponse moi costa arriba. Aí é onde estaría o mérito.
>
> Pero un pangrama razoábel podería ser moito menor, por exemplo con
>
> a, á, b, c, d, e, é, f, g, h, i, í, l, m, n, ñ, o, ó, p, q, r, s, t, 
> u, ú, v, x, z
>
> Extra bonus con + j , ç, y, k, w
>
>
> Por exemplo a
>
> - *Miúdiño chove sobor do barro no que choupan os meus zapatos
>
> Fáltalle : á, é, í, ó, ú (porque se escribe miudiño), f,g,l,x (e tamén 
> j,k,w,y)
>
> - Necesitamos unha tipografía chuliña de cor kiwi, que lle zorregue 
> unha labazada visual á xente
>
> Está case completo e sería aceptábel pero falta:  é, ó, ú, j, y ...
>
> Se non hai proposta mellor utilizaremos esta última.
>
> Antón
>
>
> mvillarino escribiu:
>>> Sen dúbida mellor este «Miúdiño chove sobor do barro no que choupan os
>>> meus zapatos.» Haberá máis opcións ou facemos un concurso?
>>> 
>>
>> A ver. Mellor, mellor, é a outra, xa que contén máis letras
>> _diferentes_, esta non contén o «x».
>> Haber haberá máis posibilidades: tampouco estaría de máis facer un 
>> concurso.
>>
>> A outra frase é dunha páxina web de tipografía. Descoñezo da de
>> «miudiño...», esa deberíadeslla preguntar a Xabi G. Feal ou a J.
>> Bravo, pois xa ven de KDE3, ou antes.
>> ___
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>   
>
>
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 

---- próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 854 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090609/1fad7702/attachment.vcf
 


[G11n] RAG

2009-06-09 Thread Leandro Regueiro
>>> Segundo a súa propia declaración, o VOLG non é unha lista de palabras para
>>> exemplificar as normas ortográficas, non vai de acentos nin de xénero
>>> gramatical ...  é un "vocabulario normativo " de urxencia á espera de que
>>> haxa un auténtico Dicionario da lingua, é dicir que é a fonte máis
>>
>> Non me fodas!! E cando pensan facer algo respecto ao dicionario?
>> Supoño que será moito traballo, pero aínda que sexa pouco a pouco
>> podian ter feito un en dez anos e ilo ampliando pouco a pouco, digo
>> eu.
>
> A RAG estalle a facer moito mal ao galego, é unha verdadeira vergonza
> que non exista un dicionario da RAG en liña (nin en papel) de uso libre.
> Mellor dito, é peor que exista un dicionario sen anovar (normativa antes
> do 2003) o cal confunde a moita xente.
> A miña opinión é clara, a RAG con estas non actuacións dana a lingua galega.
> Que se pode facer ao respecto?

Eu penso que os dicionarios desfasados cando menos deberian ter un
aviso ben visible indicando o seu estado. E a verdade é que si, é
incomprensible que a RAG non faga o seu dicionario, aínda que sexa aos
poucos. Se lle van mentendo 100 entradas ao mes nuns aniños habería
algo útil, tampouco é tanto pedir. Pero a verdade é que nos estamos
queixando e non llo estamos comunicando a eles.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] RAG

2009-06-09 Thread Xusto Rodriguez Rio
O presidente da RAG en El País (22 de maio de 2009) 
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Non/tivemos/apoio/nin/sequera/dun/Gob
erno/metade/nacionalista/elpepiautgal/20090522elpgal_19/Tes

[...]
"P. Por que a Real Academia Galega aínda non editou un dicionario cos
últimos cambios da normativa?

R. Está na imprenta en Madrid e sairá en setembro. Facer un dicionario é
complicado, leva moito tempo. E nesta edición inclúese un dicionario
fonético do galego.

P. Poderáse consultar en Internet?

R. A dixitalización ten que facerse, pero aí chocan intereses. Se se
dixitaliza non se vende. As empresas editoras pedíronnos agardar. Non temos
orzamento para facelo e temos que defender os dereitos dos editores e dos
libreiros. Pero a dixitalización do dicionario virá case de seguida.
[...]
-Fin da cita-

Aínda teremos que roelo uns meses/anos en papel antes de telo en Internet.

Xusto A. Rodríguez
SNL da USC

-Mensaje original-
De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nombre
de Leandro Regueiro
Enviado el: martes, 09 de xuño de 2009 13:46
Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego
Asunto: Re: [G11n] RAG

>>> Segundo a súa propia declaración, o VOLG non é unha lista de palabras
para
>>> exemplificar as normas ortográficas, non vai de acentos nin de xénero
>>> gramatical ...  é un "vocabulario normativo " de urxencia á espera de
que
>>> haxa un auténtico Dicionario da lingua, é dicir que é a fonte máis
>>
>> Non me fodas!! E cando pensan facer algo respecto ao dicionario?
>> Supoño que será moito traballo, pero aínda que sexa pouco a pouco
>> podian ter feito un en dez anos e ilo ampliando pouco a pouco, digo
>> eu.
>
> A RAG estalle a facer moito mal ao galego, é unha verdadeira vergonza
> que non exista un dicionario da RAG en liña (nin en papel) de uso libre.
> Mellor dito, é peor que exista un dicionario sen anovar (normativa antes
> do 2003) o cal confunde a moita xente.
> A miña opinión é clara, a RAG con estas non actuacións dana a lingua
galega.
> Que se pode facer ao respecto?

Eu penso que os dicionarios desfasados cando menos deberian ter un
aviso ben visible indicando o seu estado. E a verdade é que si, é
incomprensible que a RAG non faga o seu dicionario, aínda que sexa aos
poucos. Se lle van mentendo 100 entradas ao mes nuns aniños habería
algo útil, tampouco é tanto pedir. Pero a verdade é que nos estamos
queixando e non llo estamos comunicando a eles.

Ata logo,
  Leandro Regueiro
___
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n



[G11n] RAG

2009-06-09 Thread damufo
 > Eu penso que os dicionarios desfasados cando menos deberian ter un
 > aviso ben visible indicando o seu estado. E a verdade é que si, é
 > incomprensible que a RAG non faga o seu dicionario, aínda que sexa aos
 > poucos. Se lle van mentendo 100 entradas ao mes nuns aniños habería
 > algo útil, tampouco é tanto pedir. Pero a verdade é que nos estamos
 > queixando e non llo estamos comunicando a eles.
 >
 > Ata logo,
 >   Leandro Regueiro
eu si o fixen máis deixaron de contestar.


Xusto Rodriguez Rio escribiu:
> O presidente da RAG en El País (22 de maio de 2009) 
> http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Non/tivemos/apoio/nin/sequera/dun/Gob
> erno/metade/nacionalista/elpepiautgal/20090522elpgal_19/Tes
> 
> [...]
> "P. Por que a Real Academia Galega aínda non editou un dicionario cos
> últimos cambios da normativa?
> 
> R. Está na imprenta en Madrid e sairá en setembro. Facer un dicionario é
> complicado, leva moito tempo. E nesta edición inclúese un dicionario
> fonético do galego.
> 
> P. Poderáse consultar en Internet?
> 
> R. A dixitalización ten que facerse, pero aí chocan intereses. Se se
> dixitaliza non se vende. As empresas editoras pedíronnos agardar. Non temos
> orzamento para facelo e temos que defender os dereitos dos editores e dos
> libreiros. Pero a dixitalización do dicionario virá case de seguida.
> [...]
> -Fin da cita-
> 
> Aínda teremos que roelo uns meses/anos en papel antes de telo en Internet.
> 
> Xusto A. Rodríguez
> SNL da USC

Que queres que che diga? iso mesmo que contestaron aló polo 2005.
Non mo creo.
Ah! con que cartos se fixo ese dicionario???
Pareceme incrible que non se poña en liña xa. Melor dito pareceme 
obsceno que non leve en liña anos. Sigo a dicir que o traballo da RAG 
non me parece correcto.


> 
> -Mensaje original-
> De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En 
> nombre
> de Leandro Regueiro
> Enviado el: martes, 09 de xuño de 2009 13:46
> Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego
> Asunto: Re: [G11n] RAG
> 
 Segundo a súa propia declaración, o VOLG non é unha lista de palabras
> para
 exemplificar as normas ortográficas, non vai de acentos nin de xénero
 gramatical ...  é un "vocabulario normativo " de urxencia á espera de
> que
 haxa un auténtico Dicionario da lingua, é dicir que é a fonte máis
>>> Non me fodas!! E cando pensan facer algo respecto ao dicionario?
>>> Supoño que será moito traballo, pero aínda que sexa pouco a pouco
>>> podian ter feito un en dez anos e ilo ampliando pouco a pouco, digo
>>> eu.
>> A RAG estalle a facer moito mal ao galego, é unha verdadeira vergonza
>> que non exista un dicionario da RAG en liña (nin en papel) de uso libre.
>> Mellor dito, é peor que exista un dicionario sen anovar (normativa antes
>> do 2003) o cal confunde a moita xente.
>> A miña opinión é clara, a RAG con estas non actuacións dana a lingua
> galega.
>> Que se pode facer ao respecto?
> 
> Eu penso que os dicionarios desfasados cando menos deberian ter un
> aviso ben visible indicando o seu estado. E a verdade é que si, é
> incomprensible que a RAG non faga o seu dicionario, aínda que sexa aos
> poucos. Se lle van mentendo 100 entradas ao mes nuns aniños habería
> algo útil, tampouco é tanto pedir. Pero a verdade é que nos estamos
> queixando e non llo estamos comunicando a eles.
> 
> Ata logo,
>   Leandro Regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 


[G11n] Paquetes de tradución Joomla! 1.5.11

2009-06-09 Thread damufo damufo
Boas:
Acabo de anovar os paquetes coa tradución para o sitio e o panel de
administración.
Non sei que pasou coa compresión pero no sistema linux non funcionaba
e si en windows ¿?
Agora debería traballar correctamente.
Por favor Minhoca, se podes confírmame que xa instala correctamente,
eu probeino no ubuntu 8.04 e foime ben.
abur
--
damufo


[G11n] Pangrama

2009-06-09 Thread marce
O Martes, 9 de Xuño de 2009 12:02:38 Antón Méixome escribiu:
> Ben, eu conseguín esta
>
> A gozada lingüística fará, ós peneques con viño, xente con éxito. O
> último whisky en Djibuti!

A veloz troita mergullouse axiña no río, o pescador perdéraa. (Non é miña, 
está en Lokalize!)