[G11n] [Firefox] Habeo problemo

2008-10-13 Conversa Anton Méixome

No Firefox 3.03 que manexo teño de todo iso :-) efectivamente.

O único que salienta é o uso de complementos como tradución do 
xenérico add-on inglés.

Galego Inglés

-complementos   -add-on
-- complementos   --add-ons
-- extensións --extensions
-- plugins   --plugins


Parece que se optou por facer tradución mínima.

O que eu entendo é que as extensións son consideradas, en xeral, 
paquetes de novas funcionalidades para Firefox, mentres que os plugins 
son novas funcionalidades de aplicacións que existen independentes e son 
externas que se integran en FF (bridges? para video). O  determinante 
dun plugin  é que permite acceder a datos multimedia. Sen ese 
complemento FF non pode navegar por/con eles.

Xa non teño tan clara a diferenza entre extensión  e complemento, a non 
ser a importancia do engadido, é dicir que engadir unha nova opción de 
menú ou un subconxunto especializado sería unha extensión, mentres que 
se se trata dunha miniaplicación totalmente nova, que agrega un 
multipropósito para o navegador entón é un add-on (ftp, calendarios...)
..

Andarei moi descamiñado ?? Non esquezo que os termos en xogo son máis 
segundo as aplicacións: add-in, módulo, ... o malo, realmente, é que non 
temos unha coherencia neste aspecto e así o inglés plugin unhas veces 
está  como extensión, outras como  complemento e outras como plugin...


Antón Méixome



mvillarino escribiu:
 A ver, que estou co hall of fame de Open-tran, e a un tal Jean-Bernard 
 Marcon (Goofy) non tivo nada mellor en que entreterse que en facer 
 unha Firefox extension
 Como era que quedara isto no FF? [que eu recorde había películas con add-on, 
 plugin e extension]


   

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 482 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081013/d56db9ba/attachment-0001.vcf
 


[G11n] Seguimento de cadeas

2008-09-25 Conversa Anton Méixome

Desculpa Ignacio e todos os demais. A mensaxe non ía para esta lista.

Antón




Ignacio Casal Quinteiro escribiu:

 Que é o que quere traducir exactamente? Agora mesmo o único que falta 
 é o gnome-games
 que xa me dixo suso que se facía cargo el.
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 482 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080925/9333fd6c/attachment.vcf