[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] cambiar coreo-e

2007-10-18 Conversa dmunhiz
Ola!, entrei na páxina de opcións 
(http://listas.mancomun.org/mailman/options/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego)
 
para trocar o meu correo-e e da erro. Algún dos administradores pode 
botarlle unha ollada?
Saúdos e grazas.

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] help

2007-10-09 Conversa dmunhiz
Ola:
Pois nada que que enviei mal a mensaxe ao mailman de petición das 
opcións e non o enviei ao enderezo axeitado -request
Sinto a confusión.
Saúdos

mvillarino escribiu:
 O Martes, 9 de Outubro de 2007, dmunhiz escribiu:
 
 Que pasa Daniel?
 
 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Sobre linguetas e palhetas

2007-07-10 Conversa dmunhiz
A cuestión é que non se chegou a ningures, termigal decidiu separador e 
trasno usa lingüeta como predeterminado.

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

mvillarino escribiu:
 O Martes, 10 de Xullo de 2007 13:31, José Ramom Pichel escribiu:
 Olá a todos,

 Nas localizações avaliadas polo Termigal feitas desde imaxin|software
 optamos por Separador, frente a um lógico aba termo totalmente galego e
 comum ao termo usado em Portugal e no Brasil e que polo princípio 4º das
 Normas da RAG últimas debe tender-se a usar terminologia compatível
 especialmente com o português.

 No entanto lingueta é um termo que se usa para os acordeões na Galiza e em
 Espanha (lengüeta). Mas em Portugal e Brasil o acordeão é um instrumento
 que usa palhetas (como a nossa gaita).

 Por tanto, penso que o ajeitado é usar Separador por compatibilidade com
 as localizações realizadas até o momento. Embora eu pessoalmente preferiria
 aba.
 Tivemos hai pouco un fío de discusión acerca disto mesmo en trasno.
 
 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] firefox lingüeta - separador

2007-06-12 Conversa dmunhiz
Arribi:
Penso que son cousas diferentes, gracias non é aceptado (é unha 
entrada incorrecta) pola RAG, do que se está a falar é de dous termos 
válidos e aceptados (lingüeta/separador) que segundo Leandro lingüeta é 
mais correcto en canto a significado.
Saúdos

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

J. Arribi escribiu:
 Ola Leandro:
 
 Leandro Regueiro escribiu:
 O certo é que despois de estar eu hai meses mirando cal sería a
 tradución máis axeitada para tab decanteime por lingüeta. Esta
 opción é correcta, cando menos segundo o meu diccionario de galego. E
 prefiroa a separador, xa que parece que separa algo, ou aba, xa que
 creo que non reflicte totalmente o significado de tab.

 Se a xente de Mancomun prefiriu unha forma que eu creo que leva a
 confusión, cando menos a min, alá eles. Eu prefiro a tradución
 lingüeta.
   
 Nós non escollemos unha ou outra opción terminolóxica. Como xa 
 comentamos nalgún correo anterior os termos do glosario están 
 sancionados polo Termigal. Nós non somos lingüistas.
 
 Por outra parte, dicirche que me parece moi valorable que cada un use a 
 opción que prefira. De feito, eu decidín usar gracias no canto de 
 grazas, pero as opcións persoais son iso, persoais. Creo que é moi 
 recomendable para o idioma que exista unha institución que uniformice 
 como chamarlle aos novos termos, neste caso informáticos, e esa 
 institución é o Termigal, non mancomun.org.
 
 Saúdos.
 
 J. Arribi
 
 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
 
[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] (sen asunto)

2007-06-12 Conversa dmunhiz
Arribi: Agora xa está claro.

Con respecto ao termigal a min paréceme que lle está pasando un pouco 
coma os de tráfico (espero que esta comparación non se mal interprete), 
que poñen as normas e as veces os usuarios non as entenden nin comparten 
facendo que non sexan respectadas todo o que se debería (penso que sería 
bo implicar a máis xente/colectivos e non impor que é o que sinto que se 
está a facer). Penso que as normas teñen que ser explicadas (simplemente 
explicar os motivos de porque se decide unha opción), neste momento dame 
  a impresión (polo menos a min), e repito impresión, de que o 
termigal vai por libre, seguramente (ao mellor non) ten argumentos para 
escoller un ou outro pero penso que polo menos naqueles que son máis 
conflitivos debería explicar o porqué son seleccionados, xa que deste 
outro xeito da a impresión de que non é unha decisión arbitraria mais 
ben persoal (precisamente do que non se trata). (Perdón pola frase tan 
longa)

Saúdos

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

arribi en cesga.es escribiu:
 Ola Daniel:
 
 Tes razón, gracias non está aceptado dende a última normativa pero creo
 que o exemplo se entende. Se non, podemos falar dos de sempre:
 Ventá/Fiestra/Xanela, Ficheiro/Arquivo..., e un sen fin de etc.
 
 De cara ao usuario é importante chamarlle sempre ás cousas do mesmo xeito,
 aínda que opino que prescindir dos outros termos é empobrecer o idioma. Aquí
 é onde creo que se deben utilizar as opcións persoais, pero se o Termigal
 sanciona computador deberiamos poñernos de acordo para usar todos ese termo
  nos programas.
 
 Saúdos.
 
 J. Arribi
 
 Arribi:
 Penso que son cousas diferentes, gracias non é aceptado (é unha
 entrada incorrecta) pola RAG, do que se está a falar é de dous termos
 válidos e aceptados (lingüeta/separador) que segundo Leandro lingüeta é
  mais correcto en canto a significado.
 Saúdos

 Remitente:
 Daniel Muñiz Fontoira
 Eu uso software libre [1]
 [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

 J. Arribi escribiu:
 Ola Leandro:

 Leandro Regueiro escribiu:
 O certo é que despois de estar eu hai meses mirando cal sería a
 tradución máis axeitada para tab decanteime por lingüeta. Esta
 opción é correcta, cando menos segundo o meu diccionario de galego. E
 prefiroa a separador, xa que parece que separa algo, ou aba, xa que
 creo que non reflicte totalmente o significado de tab.

 Se a xente de Mancomun prefiriu unha forma que eu creo que leva a
 confusión, cando menos a min, alá eles. Eu prefiro a tradución
 lingüeta.

 Nós non escollemos unha ou outra opción terminolóxica. Como xa
 comentamos nalgún correo anterior os termos do glosario están
 sancionados polo Termigal. Nós non somos lingüistas.

 Por outra parte, dicirche que me parece moi valorable que cada un use
 a  opción que prefira. De feito, eu decidín usar gracias no canto de