[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-11 Conversa Leandro Regueiro
>> Por certo, como poderia eu acceder ós históricos da lista de trasno (a
>> lista actual, non a anterior)??
>
> Pedíndolle a Tarrío a súa copia das mensaxes, que debe ter no servidor.

Tarrío, necesitámoste :) Agora fóra bromas, haberia que ver se é
posible montar un sistema para consultar os históricos da lista de
correo actual, e de paso pedirlle ós do gpul unha copia da lista
anterior. E ainda habia lista anteriores, pero a saber xa que foi
delas...

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-10 Conversa mvillarino
O Luns 10 Novembro 2008 12:55, Leandro Regueiro escribiu:
> Por certo, como poderia eu acceder ós históricos da lista de trasno (a
> lista actual, non a anterior)??

Pedíndolle a Tarrío a súa copia das mensaxes, que debe ter no servidor.

-- 
Best regards,
MV


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-10 Conversa Antón Méixome
mvillarino escribiu:
> 2008/11/7 Antón Méixome :
>   
>> De aí a miña idea do g11n de que me permitirades recoller, resumir,
>> sistematizar e publicar os razoamentos sobre os aspectos terminolóxicos (en
>> fin lingüísticos en xeral) que se suscitan na/s lista/s de modo que cando se
>> tome unha decisión ou un criterio sexa obvio,  que se vexa amparado por
>> algún tipo de razoamento obxectivo.
>> 
>
> Hai unha frase moi curiosa na introdución do algoritmo, referente a
> consultar coa comunidade só nuns casos moi concretos, que lle chega
> ben, para min ben de abondo como para que me poña á defensiva neste
> eido apesar da declaración de boa vontade que fas, e me agarde que nas
> listas ás que fas referencia haxa de primeira e de segunda categoría.
> Xa iremos vendo, non vexo motivo para que non podas ir elaborando un
> dosier (*) referente a léxico, pero por favor, en cada ficha inclúe
> onde saltou a dúbida, e que partes participaron na [Dúbida]
>
>   
>> unanimidades búlgaras.
>> 
> ???
>
> (*) É "dosier" correcto?
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   

A frase

"só recorrermos ao debate na comunidade cando non houber máis 
posibilidades..."

parece desprezativa, pero espero convencerte de que non o é. Se 
pretendese minusvalorar a comunidade sería estúpido dicilo así ás claras.

O Manual debe estar redactado desde o punto de vista do tradutor. E 
dicir, "recorrermos ao debate" quere dicir que cando ti traduces, ti 
aplicas e só cando ti mesmo contigo non es quen de tomar unha decisión 
ou che parece prudente consultar outras opinións entón abres unha 
consulta á comunidade. Iso expresado co plural de modestia 
"recorrermos", "primaremos"...

Entendo que isto é darlle ao tradutor tanto unhas pautas de traballo 
como unha especie de autoresponsabilidade sobre o que fai. Todos 
traducimos, todos tomamos decisións e Mancomún só é un máis. Nese 
sentido Mancomún intentará ser coherente cando menos consigo mesmo, 
autodisciplina.

Por outro lado, o algoritmo debe aínda ser matizado e resituado. Non é 
para o uso sistemático senón como un procedemento obxectivo *cando non 
xorde outra solución natural* na discusión de decisión. Por tanto é unha 
ferramenta utilizábel por calquera, non só por Mancomún. Por iso creo 
que o algoritmo debe ser simplificado e non será de "elección 
terminolóxica" senón para "decisión" terminolóxica.

Antón

- O de "búlgaras" vén por aquilo dos "congresos á búlgara"... resulta 
moi raro, desde parámetros democr'aticos, que durante décadas as 
votacións dunha asemblea numerosísima fosen sempre unánimes.. algo 
pasaba alí que non era exactamente democrático. Pola mesma, agardar a 
que todos esteamos de acordo cun termo ou cun criterio, non é realista.

- Non, *dosier é un galicismo. Nalgúns casos é equivalente ao noso 
'cartafol' e noutros é un 'informe escrito'... entre outras moitas 
acepcións. Precisamente pola gran cantidade de valores que ten, funciona 
para nós como un "comodín". Para o caso que nos ocupa, mellor 
"compilación" léxica, non che parece?





-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081110/7fa54f12/attachment.vcf
 


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-10 Conversa Leandro Regueiro
2008/11/7 Miguel Branco :
>
>> De aí a miña idea do g11n de que me permitirades recoller, resumir,
>> sistematizar e publicar os razoamentos sobre os aspectos terminolóxicos
>> (en fin lingüísticos en xeral) que se suscitan na/s lista/s de modo que
>> cando se tome unha decisión ou un criterio sexa obvio,  que se vexa
>> amparado por algún tipo de razoamento obxectivo. Por suposto, entendo
>> que calquera é libre de facer o mesmo.
>
> por min, fenómeno: creo que es libre de recoller todo o debatido en trasno con
> ese fin.

Por certo, como poderia eu acceder ós históricos da lista de trasno (a
lista actual, non a anterior)??

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-07 Conversa Miguel Branco

> De aí a miña idea do g11n de que me permitirades recoller, resumir,
> sistematizar e publicar os razoamentos sobre os aspectos terminolóxicos
> (en fin lingüísticos en xeral) que se suscitan na/s lista/s de modo que
> cando se tome unha decisión ou un criterio sexa obvio,  que se vexa
> amparado por algún tipo de razoamento obxectivo. Por suposto, entendo
> que calquera é libre de facer o mesmo.

por min, fenómeno: creo que es libre de recoller todo o debatido en trasno con 
ese fin. 

> Así é como se constrúe e se avanza:  capa a capa e non é preciso que
> haxa unanimidades búlgaras.

moi certo, non fan falta consensos cuadriculados e restrictivo, senón 
consensos pragmáticos. 


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-07 Conversa mvillarino
2008/11/7 Antón Méixome :
> De aí a miña idea do g11n de que me permitirades recoller, resumir,
> sistematizar e publicar os razoamentos sobre os aspectos terminolóxicos (en
> fin lingüísticos en xeral) que se suscitan na/s lista/s de modo que cando se
> tome unha decisión ou un criterio sexa obvio,  que se vexa amparado por
> algún tipo de razoamento obxectivo.

Hai unha frase moi curiosa na introdución do algoritmo, referente a
consultar coa comunidade só nuns casos moi concretos, que lle chega
ben, para min ben de abondo como para que me poña á defensiva neste
eido apesar da declaración de boa vontade que fas, e me agarde que nas
listas ás que fas referencia haxa de primeira e de segunda categoría.
Xa iremos vendo, non vexo motivo para que non podas ir elaborando un
dosier (*) referente a léxico, pero por favor, en cada ficha inclúe
onde saltou a dúbida, e que partes participaron na [Dúbida]

> unanimidades búlgaras.
???

(*) É "dosier" correcto?


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-07 Conversa damufo


Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/11/7 Antón Méixome :
>> damufo escribiu:
>>> este tipo de aportacións son moi interesantes, podería ser interesantes
>>> polas na rede (vexase un idioma preciso da usc)
>>>
>>>
>> De aí a miña idea do g11n de que me permitirades recoller, resumir,
>> sistematizar e publicar os razoamentos sobre os aspectos terminolóxicos (en
>> fin lingüísticos en xeral) que se suscitan na/s lista/s de modo que cando se
>> tome unha decisión ou un criterio sexa obvio,  que se vexa amparado por
>> algún tipo de razoamento obxectivo. Por suposto, entendo que calquera é
>> libre de facer o mesmo.
>>
>> A miña intención é ir incorporando estas notas ao borrador de traballo do
>> Manual de localización e aos seus anexos coma o glosario. Como sabedes o ML
>> é público e libre.
>>
>> Así é como se constrúe e se avanza:  capa a capa e non é preciso que haxa
>> unanimidades búlgaras.
> 
concordo tamén

> Eu estou de acordo con isto, outra cousa é como se fai exactamente, e
> incluso se seria posible que isto se fixera automaticamente cun
> sistema de debate de terminoloxia (outro PFC para Fran).
moi interesantes tamén
> 
> Ata logo,
>  Leandro Regueiro


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-07 Conversa Leandro Regueiro
2008/11/7 Antón Méixome :
> damufo escribiu:
>>
>> este tipo de aportacións son moi interesantes, podería ser interesantes
>> polas na rede (vexase un idioma preciso da usc)
>>
>>
>
> De aí a miña idea do g11n de que me permitirades recoller, resumir,
> sistematizar e publicar os razoamentos sobre os aspectos terminolóxicos (en
> fin lingüísticos en xeral) que se suscitan na/s lista/s de modo que cando se
> tome unha decisión ou un criterio sexa obvio,  que se vexa amparado por
> algún tipo de razoamento obxectivo. Por suposto, entendo que calquera é
> libre de facer o mesmo.
>
> A miña intención é ir incorporando estas notas ao borrador de traballo do
> Manual de localización e aos seus anexos coma o glosario. Como sabedes o ML
> é público e libre.
>
> Así é como se constrúe e se avanza:  capa a capa e non é preciso que haxa
> unanimidades búlgaras.

Eu estou de acordo con isto, outra cousa é como se fai exactamente, e
incluso se seria posible que isto se fixera automaticamente cun
sistema de debate de terminoloxia (outro PFC para Fran).

Ata logo,
 Leandro Regueiro


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-07 Conversa Antón Méixome
damufo escribiu:
> este tipo de aportacións son moi interesantes, podería ser interesantes 
> polas na rede (vexase un idioma preciso da usc)
>
>   
De aí a miña idea do g11n de que me permitirades recoller, resumir, 
sistematizar e publicar os razoamentos sobre os aspectos terminolóxicos 
(en fin lingüísticos en xeral) que se suscitan na/s lista/s de modo que 
cando se tome unha decisión ou un criterio sexa obvio,  que se vexa 
amparado por algún tipo de razoamento obxectivo. Por suposto, entendo 
que calquera é libre de facer o mesmo.

A miña intención é ir incorporando estas notas ao borrador de traballo 
do Manual de localización e aos seus anexos coma o glosario. Como 
sabedes o ML é público e libre.

Así é como se constrúe e se avanza:  capa a capa e non é preciso que 
haxa unanimidades búlgaras.

Antón

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081107/96fdd56c/attachment-0001.vcf
 


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-07 Conversa damufo
este tipo de aportacións son moi interesantes, podería ser interesantes 
polas na rede (vexase un idioma preciso da usc)


Antón Méixome escribiu:
> Leandro Regueiro escribiu:
>>> *prexuiciosa > prexudicial ?
>>>   Na miña opinión é mellor que a suxestión fose "danosa, daniña" e non
>>> prexudicial, que debera quedar como "algo previo ao xuízo".
>>> 
>>
>> Acabo de consultar no digalego "perxuizo", que creo que foi o que
>> estudiei na escola coma "dano", ainda que no digalego só ven
>> "prexuizo" que aprendera co único significado de idea prefixada e non
>> co de dano. Estou algo confuso respecto a isto.
>>
>> Ata logo,
>>   Leandro Regueiro
>> ___
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>>
>>
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 
> 
> Si, normal que esteas confuso... é un tema non ben resolto
> 
> 
> O problema é o contraste entre castelán e galego
> 
> Canto á forma das palabras temos
> 
> Castelán
>perjuicio/prejuicio
>perjudicial/prejudicial
>perjudicar //* prejudicar (non existe)
> 
> Galego
>prexuízo  // *perxuízo (non existe)
>prexudicial // *perxudicial (non existe)
>prexudicar // *perxudicar (non existe)
> 
> 
> Canto aos valores de cada unha temos
> 
> Castelán
>dano/preconcepto
>daniño/cuestión previa
>ocasionar dano
> 
> Galego
>1.preconcepto 2.dano
>1.cuestión previa 2.daniño
>causar dano, facer mal,  
> En resumo, un lío que é mellor atallar
> 
> es. perjuicio <>  gl. dano, detrimento (así  "daños y perjuicios"  
> tradúcese sempre como " danos e perdas"), prexuízo
> es. prejuicio <>  gl.  preconcepto, superstición, prexuízo
> es. perjudicial  <>  gl. daniño
> es. prejudicial <> gl. prexudicial
> es. perjudicar <> gl. danar, prexudicar
> 
> 
> 
> 
> 
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-07 Conversa Leandro Regueiro
> Castelán
>   perjuicio/prejuicio
>   perjudicial/prejudicial
>   perjudicar //* prejudicar (non existe)
>
> Galego
>   prexuízo  // *perxuízo (non existe)
>   prexudicial // *perxudicial (non existe)
>   prexudicar // *perxudicar (non existe)
>
>
> Canto aos valores de cada unha temos
>
> Castelán
>   dano/preconcepto
>   daniño/cuestión previa
>   ocasionar dano
>
> Galego
>   1.preconcepto 2.dano
>   1.cuestión previa 2.daniño
>   causar dano, facer mal,
> En resumo, un lío que é mellor atallar
>
> es. perjuicio <>  gl. dano, detrimento (así  "daños y perjuicios"  tradúcese
> sempre como " danos e perdas"), prexuízo
> es. prejuicio <>  gl.  preconcepto, superstición, prexuízo
> es. perjudicial  <>  gl. daniño
> es. prejudicial <> gl. prexudicial
> es. perjudicar <> gl. danar, prexudicar

Menuda lea, case quedo aparvado.

Ata logo,
 Leandro regueiro


[G11n] Erros no corrector ortográfico -- perxuízo

2008-11-07 Conversa Antón Méixome
Leandro Regueiro escribiu:
>> *prexuiciosa > prexudicial ?
>>   Na miña opinión é mellor que a suxestión fose "danosa, daniña" e non
>> prexudicial, que debera quedar como "algo previo ao xuízo".
>> 
>
> Acabo de consultar no digalego "perxuizo", que creo que foi o que
> estudiei na escola coma "dano", ainda que no digalego só ven
> "prexuizo" que aprendera co único significado de idea prefixada e non
> co de dano. Estou algo confuso respecto a isto.
>
> Ata logo,
>   Leandro Regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
>
>
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


Si, normal que esteas confuso... é un tema non ben resolto


O problema é o contraste entre castelán e galego

Canto á forma das palabras temos

Castelán
perjuicio/prejuicio
perjudicial/prejudicial
perjudicar //* prejudicar (non existe)

Galego
prexuízo  // *perxuízo (non existe)
prexudicial // *perxudicial (non existe)
prexudicar // *perxudicar (non existe)
 

Canto aos valores de cada unha temos

Castelán
dano/preconcepto
daniño/cuestión previa
ocasionar dano

Galego
1.preconcepto 2.dano
1.cuestión previa 2.daniño
causar dano, facer mal,   

En resumo, un lío que é mellor atallar

es. perjuicio <>  gl. dano, detrimento (así  "daños y perjuicios"  
tradúcese sempre como " danos e perdas"), prexuízo
es. prejuicio <>  gl.  preconcepto, superstición, prexuízo
es. perjudicial  <>  gl. daniño
es. prejudicial <> gl. prexudicial
es. perjudicar <> gl. danar, prexudicar


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081107/53e6ac6a/attachment.vcf