[G11n] Feito facido. (Era: Fwd: Hard comments on the press about Galician translation of Firefox 3)

2008-12-18 Conversa Suso Baleato
Boas,

Tras máis de meio ano de traballo intensivo sobre iste asunto e máis de cinco
anos de espera:

http://www.mancomun.org/novas/localizacion-e-traducion/a-version-en-galego-do-firefox-3-xa-forma-parte-do-repositorio-de-moz.html

Por fin! :-)

Como me tocou asumir personalmente a resolución deste conflicto creo que será
útil partillar o máis relevante da miña experiéncia, que como sabedes me levou
a coñecer persoalmente a moitas persoas chave da Fundación Mozilla, tanto os
da parte europea como a membros fundadores da corporación norteamericana que
foron os protagonistas da histórica liberación do código fonte en 1998, así
como á maior parte dos técnicos/as involucrados nas labores de localización nos 
encontros que tiveron lugar ao longo destes meses de posta en común. 

Dende logo foi unha situación de tensión continua mantida durante todos estes
meses; mais non ocultarei que a oportunidade de coñecer a esa xente, 
protagonista en boa medida dun dos momentos máis importantes na historia da 
industria do software (e por ende do software libre) foi unha experiencia
fascinante e de gran trascendencia para min. Personalmente, direi que mereceu
a pena, tanto pola experiencia humana como pola intelectual xa que me permitiu 
extraer dúas conclusións que quixera extendervos aproveitando a consecución
deste fito.

A primeira refírese á interlocución coa Fundación Mozilla (ou mais ben, coa 
comunidade de persoas que sustenta) creo que sería importante resaltar que a
dificuldade maior non estivo nos problemas técnicos -que os houbo, tanto para
"adiviñar" cómo funcionaban as cousas como para convivir cunha migración do 
sistema de control de versións e un cambio de branch incluído- senón na parte
das relacións humanas: a Fundación Mozilla ten unha cultura corporativa moi
particular con cuestións nefastas (como as que nos tocou experimentar a nós)
mais outras moi positivas que lles permitiron superar durante os dez últimos 
anos todas as dificuldades que se lles foron plantexando, gañando paseniño 
pero con paso firme posicións no disputado biosistema do software. 

En boa parte as dinámicas da Fundación Mozilla comparten o mellor e o peor
do software libre: forte pendente na curva de aprendizaxe, e sólida 
sustentabilidade dos proxectos ao longo do tempo. Por tanto, aínda que a
sensación de frustración que todos e todas tiñamos era real e a 
responsabilidade da Fundación Mozilla era evidente, non soubemos atribuirlle
a súa cota de responsabilidade ao grupo editorial que publicou a nova  
transformando o convite (desinformado) de Nitot nun ataque á comunidade 
galega de localización, e por ende ao conxunto da sociedade galega.

Afortunadamente soubemos recoller ese convite e integrarnos na dinámica de
Mozilla asumindo así a parte de responsabilidade que tamén nós tiñamos; máis
estaba pendente aínda sinalar a responsabilidade do xornal El País naquel
suceso. Tiven a oportunidade de falar personalmente con Nitot e constatar que
non foron esas as súas palabras nin tampouco a súa intención. Se cadra é tarde 
para pedir responsabilidades ao/á xornalista ou ao seu grupo editorial (deixo
iso completamente ao voso critério) mais nunca o é para visibilizar o problema,
especialmente cando se está a facer balance do acontecido. 

A primeira conclusión por tanto é que parte da responsabilidade que atribuímos
á Nitot ou á Fundación Mozilla no seu conxunto, correspondíalle en boa medida ao
xornal El País, que manipulou unhas declaracións que o/a xornalista nin siquera
se ocupou de contrastar. Sobre ista conclusión non abundarei máis, aproveitando
que xa o fixen neste artigo que convido a visitar a quen desexe aprofundar na
tese:

http://www.anosaterra.org/nova/steiner-firefox-galiza.html

A segunda conclusión refírese á natureza da nosa própria intervención e
consecuentemente, ao xeito como creo que deben enfocarse no sucesivo as
políticas públicas de promoción do software libre na Galiza.

No que se refire á natureza da nosa intervención, debo resaltar que tamén na
Fundación Mozilla chamou a atención esta aproximación galega ao fenómeno do
software libre que consisten en baseala no traballo conxunto de voluntariado,
empresas e administración pública. Creo que debe resaltarse por que abunda nos
recoñecementos internacionais dos que foi obxecto nos últimos meses a estratexia
de promoción do software libre da Consellaría de Innovación e Industria nesta
lexislatura -lembremos as da Unión Europea ou a da própria ONU-, pero sobre todo
por que esta dinámica de traballo conxunto revela a existenza dunha cohesión
social que explica, penso eu, esa sorprendente capacidade de resposta que a
sociedade galega amosa cando sinte ameazada a súa supervivencia, ben sexa no 
plano biolóxico como no cultural -se é que ambas cousas poden separarse.

Insisto nesta idea da nosa capacidade de reacción de forma conxunta, pois de
non ter sido pola nosa inmediata reacción coordenada a traverso desta rolda, o 
proceso de integración nos repositorios ofici

[G11n] Feito facido. (Era: Fwd: Hard comments on the press about Galician translation of Firefox 3)

2008-05-24 Conversa Suso Baleato
suso.baleato en xunta.es escrebeu:
> 
> - Ratificar a proposta feita en Bugzilla para que Mancomún coordene a
^   ^
>   localización do software da Fundación Mozilla ao galego.
> 

Faltaba resolver iste cabo que nos quedaba sen facer; acabo de terminalo fai
un momento e aiquí deixo o resultado:

http://www.mancomun.org/novas/localizacion-e-traducion/mancomun-e-mozilla-xa-traballan-conxunta-3.html

Feito iso entendo que o tema social -por así decilo- queda resolto. A miña
valoración é moi positiva tanto pola repercusión mediática como polos
compromisos obtidos e sobre todo pola forza que demostramos ser capaces
de facer traballando xuntos. E agora coido que deberíamos ir pensando en
celebralo, con comida e bebida físicas a ser posibel :-) 

En todo caso e, unha vez resolto o tema social, agora temos por diante o
reto máis interesante: debemos ser quen de cumprir estrictamente os
procedementos de localización de Mozilla e facelo sen demoras no tempo; e
non estamos en condicións de cometer erros ou deixar o tema para outro día.

Posto que iso é tarefa específica do equipo oficial de localización de
Mozilla todo isto será mellor coordenado empregando a súa própria rolda
de correo, que vai en CC:

http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Polo que estiven mirando na documentación, o proceso de localización non
é nin moito menos trivial, e vai ser precisa toda a axuda que poidamos
obter. Personalmente o reto non me asusta, así que xa estou inscrito na
rolda; nela será onde seguirei traballando en relación a iste tema e
gustaríame convidar a quen se anime a facer o mesmo.

Saúdos,

-- 
Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113