suso.baleato en xunta.es escrebeu:
> 
> - Ratificar a proposta feita en Bugzilla para que Mancomún coordene a
    ^^^^^^^^^                                   ^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^^
>   localización do software da Fundación Mozilla ao galego.
> 

Faltaba resolver iste cabo que nos quedaba sen facer; acabo de terminalo fai
un momento e aiquí deixo o resultado:

http://www.mancomun.org/novas/localizacion-e-traducion/mancomun-e-mozilla-xa-traballan-conxunta-3.html

Feito iso entendo que o tema social -por así decilo- queda resolto. A miña
valoración é moi positiva tanto pola repercusión mediática como polos
compromisos obtidos e sobre todo pola forza que demostramos ser capaces
de facer traballando xuntos. E agora coido que deberíamos ir pensando en
celebralo, con comida e bebida físicas a ser posibel :-) 

En todo caso e, unha vez resolto o tema social, agora temos por diante o
reto máis interesante: debemos ser quen de cumprir estrictamente os
procedementos de localización de Mozilla e facelo sen demoras no tempo; e
non estamos en condicións de cometer erros ou deixar o tema para outro día.

Posto que iso é tarefa específica do equipo oficial de localización de
Mozilla todo isto será mellor coordenado empregando a súa própria rolda
de correo, que vai en CC:

http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Polo que estiven mirando na documentación, o proceso de localización non
é nin moito menos trivial, e vai ser precisa toda a axuda que poidamos
obter. Personalmente o reto non me asusta, así que xa estou inscrito na
rolda; nela será onde seguirei traballando en relación a iste tema e
gustaríame convidar a quen se anime a facer o mesmo.

Saúdos,

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Responderlle a