[G11n] Proxectos de tradución da OSL

2009-03-13 Conversa Jose Ramom Pichel
Olá a todos!

Os meus parabéns polo trabalho realizado neste novo manual. Show must go on!

Um saúdo!
José Ramom Pichel


[G11n] Proxectos de tradución da OSL

2009-03-13 Conversa Leandro Regueiro
 As frases coas que pedín axuda no anterior correo estaban no software de 
 virtualización no VirtualBox OSE.

 A recomendación do ArgoUML é interesante. Anotaremolo e botaremoslle un ollo, 
 a ver se é viable tanto por medios técnicos como por medios humans 
 (necesitamos a coyuntura). Nos non temos moito tempo para adicarlle a esta 
 labor, pero como xa dixen no outro correo, tamén é unha parte moi importante 
 para promocionar o software libre na universidade e concretamente na USC.

Se tal falade cos da OSL da UDC, que aquí temos unha facultade de
informática con centos de alumnos que teñen que usar programas para
facer os diagramas UML, así que seguro que teñen interese en ter
traducida unha ferramenta destas caracteristicas.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


[G11n] Proxectos de tradución da OSL

2009-03-12 Conversa Enrique Estevez
Ola a tod en s.

Son Keko, o coordinador da Oficina de Software Libre da Universidade de 
Santiago de Compostela e tamén son socio de Ousli. Aquí na Oficina estamos 
tamén Fran e Denís, como técnicos e que son socios do Glug (seguro que os 
coñecedes).

Dentro dos nosos proxectos, pois tamén estamos tocando o tema da localización e 
vamos a realizar algún obradoiro de formación e con sorte un curso dentro da 
universidade de verán (que ten algo que ver co tema).

No día a día, pois a veces topamos con que necesitamos determinado software en 
galego ou ata documentación e temonos posto a man coa tarefa. Sen ter nada 
relevante aínda, ou que se poida considerar final xa levamos realizado unha 
serie de localización ou traducións.

- Os texos legais das licenzas Creative Commons. Tradución realizada coa 
aplicación OmegaT. (ficheiros .html) A tradución xa foi enviada ao responsable 
de CC en España e xa está colgada na web oficial.
- O proxecto T-Cos. Tradución realizada coa aplicación Poedit. (ficheiros .po) 
A localización xa foi enviada ao líder do proxecto e xa está subida no svn do 
proxecto.
- O software i-TALC. Tradución realizada con QT 4 Linguist. (ficheiros .ts) A 
localización xa foi enviada ao líder do proxecto e xa nos contestou que na 
próxima release xa virá integrada.

- Agora estamos co software de virtualización VirtualBox OSE. Tradución 
realizada con QT 4 Linguist. (ficheiros .ts) Aínda está polo principio, pero 
bueno, pasiño a paso vaise facendo.

Estes proxectos non son da oficina en sí. Son proxectos que os integrantes da 
mesma, decidimos ir facendo no noso tempo libre e que as veces, pois en horas 
mortas da oficina (moi poucas, non damos feito, estamos saturados de traballo), 
pois as vamos facendo. Algunhas de especial interese para a universidade, xa 
que son programas que se empregan nas aulas de docencia e como a USC ten como 
idioma oficial o galego, temos que predicar co exemplo (ventaxa que permite o 
software libre, a de poder localizalo ao teu idioma).

En breve estas traducións ou localizacións serán enviadas ao Servizo de 
Normalización Lingüística da USC para que as revisen e serán liberadas as 
fontes e os compendios xerados. Non sabemos se se poderá aproveitar moito 
destes últimos, pero menos é nada. Se alguén os quere para botarlle un ollada 
que os solicite e seranlles enviados, anque mellor que esperedes a que sexan 
revisados polo SNL da USC e temos unha revisión por parte de Lingüistas que 
están acostumados a traballar tamén con terminoloxía das TIC.

Sen máis, simplemente este correo era para avisarvos de que os integrantes da 
Oficina levamos feito este traballo e para que ninguén o repita.

Unha última cuestión. Posiblemente dende a Oficina e con colaboracion co SNL da 
USC surxan outros proxectos de tradución, andamos buscando software de uso 
xeral polos integrantes da universidade, que sexa obxecto de localización para 
propor a súa realización, é dicir, software libre que se poida empregar nas 
facultades. As suxerencias serán ben recibidas.

Unha aperta.


[G11n] Proxectos de tradución da OSL

2009-03-12 Conversa Enrique Estevez
Ola a tod en s de novo.

As frases coas que pedín axuda no anterior correo estaban no software de 
virtualización no VirtualBox OSE.

A recomendación do ArgoUML é interesante. Anotaremolo e botaremoslle un ollo, a 
ver se é viable tanto por medios técnicos como por medios humans (necesitamos a 
coyuntura). Nos non temos moito tempo para adicarlle a esta labor, pero como xa 
dixen no outro correo, tamén é unha parte moi importante para promocionar o 
software libre na universidade e concretamente na USC.

Unha aperta.

- Mensaje original -
De: Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com
Para: g11n en mancomun.org
Enviados: Jueves, 12 de Marzo 2009 14:26:34 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / 
Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] Proxectos de tradución da OSL

 - Agora estamos co software de virtualización VirtualBox OSE. Tradución 
 realizada con QT 4 Linguist. (ficheiros .ts) Aínda está polo principio, pero 
 bueno, pasiño a paso vaise facendo.

Foi aqui onde atopastes esas frases que non sabiades como traducir?


 En breve estas traducións ou localizacións serán enviadas ao Servizo de 
 Normalización Lingüística da USC para que as revisen e serán liberadas as 
 fontes e os compendios xerados. Non sabemos se se poderá aproveitar moito 
 destes últimos, pero menos é nada. Se alguén os quere para botarlle un ollada 
 que os solicite e seranlles enviados, anque mellor que esperedes a que sexan 
 revisados polo SNL da USC e temos unha revisión por parte de Lingüistas que 
 están acostumados a traballar tamén con terminoloxía das TIC.

Eu estou interesado, igual que seguramente boa parte dos tradutores de
Trasno. Pero mellor agardar a que se revisen. A ver se os resultados
se puideran meter nun sitio estilo open-tran.


 Unha última cuestión. Posiblemente dende a Oficina e con colaboracion co SNL 
 da USC surxan outros proxectos de tradución, andamos buscando software de uso 
 xeral polos integrantes da universidade, que sexa obxecto de localización 
 para propor a súa realización, é dicir, software libre que se poida empregar 
 nas facultades. As suxerencias serán ben recibidas.

Eu estou vendo que a xente de por aqui (FIC da UDC) usa bastante o
ArgoUML para os diagramas UML
(http://argouml-stats.tigris.org/documentation/defaulthtml/cookbook/ch05s15.html)

Para estas cousas teriades que facer enquisas de que tipo de programas
se usan mais (navegador web...) para centrarse en traducir opcións
libres para ese tipo de programas

Ata logo,
 Leandro Regueiro
___
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n