[G11n] Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-25 Conversa Leandro Regueiro
 Trasno non ten problema ningún nin a título persoal nin colectivo coa xente 
 de
 Ciberirmandades.

 A impresión é xustamente a contraria, cuestionando e criticando constantemente
 o traballo dos demais tanto no proceso de desinstitucionalización iniciado hai
 meses como agora na posta en marcha dunha alternativa diante do proceso de
 desmantelamento de Mancomún.

Cuestionamos decisións que se tomaron sen a nosa participación, e iso
non debería ser problema ningún. Se estiveramos na discusión tamén é
posible que tiveramos cuestionado a necesidade de certas accións. E
criticamos o feito de que non se contara connosco se a idea era facer
algo comunitario. E non che hai nada de malo en criticar, como se fora
malo.

 Cada quen debe ir ao seu ritmo, pero personalmente esperaba bastante máis de
 Trasno. Teño a esperanza de que esa liña destructiva se rectifique pronto e
 de feito o cambio de tono das túas mensaxes lévame a pensar que pode estar
 sendo así xa.

Non estamos en ningunha liña destructiva, estamos pedindo explicacións
que non se nos dan. E non sei que esperabas de nós, a todo isto.

 Polo momento os únicos que o fixeron foron os da Ciberirmandade, e
  realmente non entendo por qué dende Trasno estades reaccionando de forma
  tan agresiva, cuestionando todo o que propoñen e negándovos en redondo a
  participar no que fan, en vez de xuntar esforzos co resto da xente que é a
  única resposta razonable.

 O que estou a facer é preguntar a quen é oficialmente responsable nos
 proxectos que mencionei acerca deses proxectos. Hai xente en trasno que
 participa neses proxectos dende hai tempo así que é lóxico que o faga.

 En realidade, é bastante extraña esta actitude, non me parece propia de tí.
 Non é Trasno quen participa neses proxectos senón que somos personas
 voluntarias que o facemos a título individual. Lóxicamente podemos pertencer
 a Trasno... igual que podemos ser afiliados da CIG ou ter o carné do Real
 Madrid. Mais como comprenderás, por moitos afiliados do Real Madrid que haxa
 traballando en Mozilla ou calquera outro proxecto, Florentino Pérez non
 ten ningunha lexitimidade para decirnos o que temos que fazer.

 Se o que queres é actuar como presidente de Trasno, paréceme estupendo, mais
 eu non son presidente de nada; en todo caso con quen estaría ben que falaras
 sería co presidente da Ciberirmandade, que non sei quen é pero supoño que será
 o Minhoca. Insisto en que eu non son voceiro de nada nin de ninguén. E como
 voluntario do software libre, aproveito para chamar a túa atención sobre o
 feito de que Trasno aínda non se posicionara públicamente contra a política
 destructiva do Partido Popular, contra a nosa língua e contra os proxectos de
 software libre que están sendo desmantelados progresivamente.

Non entendo a que ven esa crítica cando xa se dixo que membros de
Trasno participaron nas campañas da CIF. Por outra parte dado a
heteroxeneidade de opinións vexo pouco probable que a asociación
critique a ningún goberno, e ademais a asociación non se creou para
criticar a ninguén, senón para axudarlle aos tradutores voluntarios a
realizar o seu labor.

 A título persoal, como non estiven presente no que logo vimos como se lle
 chamou g11n3 non podo valorar sobre dos motivos que vos, ou quen sexa que
 estivera nesa reunión, a tomar cada unha das decisións que logo comunicastes.
 Pero, a xulgar polo que de momento estou vendo os servizos que estivestes
 activando son pouco menos que unha reduplicación do que había na na 
 comunidade
 (p.ex o foro) ou innecesario (p.ex. un servidor propio de IRC). Se a
 pretensión era que a comunidade se sumara a eses servizos, ofrecer os 
 servizos
 que estimedes e logo pretender que a xente os acepte de facto, non é unha
 estratexia adecuada.

 Eu tamén podería poñerme a valorar o que fan os demais. Criticar é fácil.

E de feito estalo facendo.

 O
 difícil é fazer o esforzo preciso para superar os proprios prexuízos e tender

En Trasno non hai prexuízos ningúns.

 pontes de colaboración coa xente que opina distinto ca nós. A xente da
 Ciberirmandade fixo ese esforzo e personalmente penso que en Trasno
 deberíades reconsiderar esa postura de confrontación e aceitar que hai outros

Confrontación?

 xeitos distintos, mais igual de válidos, de colaborar e organizar as tarefas
 de galeguización: especialmente no que se refire a involucrar a xente nova
 que -na miña opinón- é o grande problema estructural que deberemos afrontar
 colectivamente unha vez resolta a crise causada polo desmantelamento de 
 Mancomún.

 Polo momento, o único colectivo que fixo propostas a ise respeito e que foi 
 capaz
 de levalas adiante foi a Ciberirmandade:

Claro, Trasno non leva 10 anos traducindo software libre, iniciando a
novos tradutores e mantendo traducións. Lémbroche que dous dos
proxectos que ti coordinas e que puxeches nese g11n foron levados
durante anos por xente de Trasno.

 http://www.g11n.net/

 E penso que xa vai sendo hora de que Trasno poña enriba da mesa as 

[G11n] Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-23 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Ola,

   Debemos
   ser conscientes de que estamos nun proceso de cambio onde o importante é 
   asegurar a viabilidade dos proxectos a meio e longo prazo mesmo se iso 
   significa sacrificar algunha release intermedia.

Non estou de acordo con sacrificar release intermedias, se se asume unha
responsabilidade de integración dentro do proxecto, sexa ven por
coordinación, tradución, revisión ou calquera outra tarefa afín, débese
respectar a responsabilidade e informar debidamente a cada grupo. Noutro
caso esa responsabilidade non se está a asumir o que impide o traballo
do grupo.

   
 Por último insistir de novo en mantermos dentro rolda oficial de cada 
 proxecto as comunicacións a él referidas; as prácticas de crossposting que
 estamos sufrindo estes días únicamente incrementan a confusión derivada do
 proceso de desmantelamento de Mancomún ensuciando as canles de comunicación
 colectivas.

Non vexo problema de ensuciar as canles de comunicación, simplemente
se informa aos correos interesados.
 
 Finalmente: clarexar a quen aínda non pareceu entendelo, que a miña labor de
 coordenación é plenamente voluntaria. Ninguén está obrigado a colaborar nos
 proxectos que eu coordeno -polo que eu non podo esixirlle nada a ninguén-
 igual que ninguén pode esixirmo a min, marcarme tempos ou reprocharme nada
 alén do que de forma consensual asuma en cada un dos proxectos. Se asumín 
 esta responsabilidade é básicamente por que estando capacitado e dispoñendo 
 de tempo -vantaxes de ser un represaliado político- ninguén máis se ofreceu
 a facelo. A porta queda aberta dende este mesmo momento, e a meritocracia 
 será a chave que poida abrila, como en calquera outro proxecto de código
 aberto.

Que eu saiba non houbo ningún proceso electivo e vale que no seu momento
 non houbo propostas pero tamén teño que recordar que no traballo diario
dun grupo que, de forma voluntaria maioritariamente, traballa no
open-source as decisións unilaterais non teñen cabida.

Saúdos.


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - listas en mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrhvcMACgkQmLtmJqKk+bjz/wCdGrOoH9/6oIOtUpicDnzcJMG3
/MEAn1TAu8xMGvXnljvPXFTv497U0Gf7
=fEK1
-END PGP SIGNATURE-


[G11n] Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-23 Conversa Leandro Regueiro
 Debemos
 ser conscientes de que estamos nun proceso de cambio onde o importante é
 asegurar a viabilidade dos proxectos a meio e longo prazo mesmo se iso
 significa sacrificar algunha release intermedia.

 Non estou de acordo con sacrificar release intermedias, se se asume unha
 responsabilidade de integración dentro do proxecto, sexa ven por
 coordinación, tradución, revisión ou calquera outra tarefa afín, débese
 respectar a responsabilidade e informar debidamente a cada grupo. Noutro
 caso esa responsabilidade non se está a asumir o que impide o traballo
 do grupo.

Eu tampouco. Só estás pensando no Ubuntu cando non todos os usuarios
de Mozilla, OO.org e GNOME son de Ubuntu.

 Por último insistir de novo en mantermos dentro rolda oficial de cada
 proxecto as comunicacións a él referidas; as prácticas de crossposting que
 estamos sufrindo estes días únicamente incrementan a confusión derivada do
 proceso de desmantelamento de Mancomún ensuciando as canles de
 comunicación colectivas.

 Non vexo problema de ensuciar as canles de comunicación, simplemente
 se informa aos correos interesados.

E non se está emporcando nada, simplemente se está comunicando a toda
a xente posible.

 Finalmente: clarexar a quen aínda non pareceu entendelo, que a miña labor de
 coordenación é plenamente voluntaria. Ninguén está obrigado a colaborar nos
 proxectos que eu coordeno -polo que eu non podo esixirlle nada a ninguén-
 igual que ninguén pode esixirmo a min, marcarme tempos ou reprocharme
 nada alén do que de forma consensual asuma en cada un dos proxectos. Se
 asumín esta responsabilidade é básicamente por que estando capacitado e
 dispoñendo de tempo -vantaxes de ser un represaliado político- ninguén máis
 se ofreceu a facelo. A porta queda aberta dende este mesmo momento, e a
 meritocracia será a chave que poida abrila, como en calquera outro proxecto
 de código aberto.

 Que eu saiba non houbo ningún proceso electivo e vale que no seu momento
 non houbo propostas pero tamén teño que recordar que no traballo diario
 dun grupo que, de forma voluntaria maioritariamente, traballa no
 open-source as decisións unilaterais non teñen cabida.

Estou de acordo con Fran. O feito de que comentes que non terás en
conta as queixas preocúpame, xa que iso é o feedback que lle indica ao
coordinador que mellore o seu traballo.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


[G11n] Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-23 Conversa Suso Baleato
Boas,

Aínda que a maior parte de vós xa recibiríades o aviso a traverso doutras
canles, seguindo a petición dalgúns voluntarios dou conta en todas as roldas
concernidas tanto da actualización nos enderezos das roldas oficiais dos 
proxectos que eu coordeno como das tarefas que estou a levar a cabo para
normalizar a situación diante do proceso de desmantelamento de Mancomún.

Animar a quen queira unirse ao proxecto da súa preferencia para que o faga:
trátase dun excelente momento para fazelo, xa que debemos definir en cada un
dos proxectos as prioridades e asumir cada quen as tarefas que poida. Neste
sentido, xa adiantei que a miña proposta será priorizar a sincronización con
Ubuntu [0] identificando as releases que resulten críticas a ese respeito. E
para ise proposito estou acometendo as seguintes tarefas:

- Clarificar as canles de comunicación, sen o que resulta imposibel un
  traballo de coordenación efectivo (este correo forma parte desta tarefa;
  insistir en que se manteña o correo de cada proxecto na súa propria rolda
  evitando o crossposting gratuíto, tamén). Neste sentido pois, os enderezos
  dos proxectos serían as seguintes:

   Mozilla: galician en mozdev.org
   OpenOffice : dev en gl.openoffice.org
   GNOME  : gnome en g11n.net [1]

  Todas as personas que desexedes colaborar na tradución de calquera destes
  proxectos estades convidadas a vos cadastraren nelas, o que podendes fazer
  nos enderezos seguintes respectivamente:

   Mozilla:   :  http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
   OpenOffice :  http://gl.openoffice.org/servlets/ProjectMailingListList
   GNOME  :  https://roldas.g11n.net/mailman/listinfo/gnome

- Determinar os recursos dos que dispoñemos (canta xente temos, aportación
  vía voluntariado ou vía laboral, infraestructura da que dispoñemos, áreas
  de especialización, ...). Nas roldas de cada un dos proxectos abrirei un 
  fío con este propósito unha vez que finalize a posta en marcha da
  plataforma de g11n [2], que nas próximas horas enceta o seu tramo final.

- Determinar en función do anterior as prioridades nas releases e módulos de
  cada proxecto, para o que deberemos poñernos de acordo coa xente de Ubuntu.
  Son consciente de que para os tradutores este último punto é o importante,
  e xa observo o nerviosismo e mesmo a incomodidade dalgúns pola inseguridade 
  da situación ou polo risco a non chegar a tempo a releases concretas. Debemos
  ser conscientes de que estamos nun proceso de cambio onde o importante é 
  asegurar a viabilidade dos proxectos a meio e longo prazo mesmo se iso 
  significa sacrificar algunha release intermedia. Se todos axudamos na tarefa,
  cun pouco de sorte todo debería entrar segundo o previsto. 
  
Por último insistir de novo en mantermos dentro rolda oficial de cada 
proxecto as comunicacións a él referidas; as prácticas de crossposting que
estamos sufrindo estes días únicamente incrementan a confusión derivada do
proceso de desmantelamento de Mancomún ensuciando as canles de comunicación
colectivas. Este mesmo correo chegaralle por triplicado a algunha xente; pola
miña parte tratarei de que sexa o último, empregando a rolda comunitaria como
canle de comunicación pública (comunidade en g11n.net).

Finalmente: clarexar a quen aínda non pareceu entendelo, que a miña labor de
coordenación é plenamente voluntaria. Ninguén está obrigado a colaborar nos
proxectos que eu coordeno -polo que eu non podo esixirlle nada a ninguén-
igual que ninguén pode esixirmo a min, marcarme tempos ou reprocharme nada
alén do que de forma consensual asuma en cada un dos proxectos. Se asumín 
esta responsabilidade é básicamente por que estando capacitado e dispoñendo 
de tempo -vantaxes de ser un represaliado político- ninguén máis se ofreceu
a facelo. A porta queda aberta dende este mesmo momento, e a meritocracia 
será a chave que poida abrila, como en calquera outro proxecto de código
aberto. Neste sentido, as queixas e lamentos irán directamente a /dev/null
a igual que as acusacións, difamacións e demais lixo da que teño constancia
de estar sendo obxecto. 

Saúdos,

[0] https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2009-October/06.html

[1] Foi proposto iniciar o proceso de creación dunha rolda no dominio
gnome.org; se todo vai ben na próxima semana iniciaremos o proceso. Ver:
https://roldas.g11n.net/pipermail/gnome/2009-October/04.html

[2] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-October/002723.html



-- 
http://susinho.pagina.de/