Esta semana poñería a lista, pero é que é igual á da semana pasada, e non
é como para andar repetindo información... X-)
Recórdovos que hai unha páxina cutrweb (:-!) en
www.ctv.es/USERS/jtarrio/trans/, ou, se vos gostan as URL máis curtas,
web.ctv.es/USERS/jtarrio/trans/ (síntovolo, pero non as teñen máis curtas
:-P) na que está a lista esta, o conxunto de ficheiros .mo (os .po, pero
xa compilados e preparados para usar) coas instruccións de uso e todo
iso...
Tamén hai uns poucos .pot (poucos, que non é a cousa para tanto X-)) e un
enlace, vínculo, ligazón, ligaçom ou ligação, como prefirades, ao servidor
onde está almacenada (ou armacenada :-?) toda a cousa esta do GNU
translation project...
E falando do rei de Roma, lémbrovos que os que queiran que as súas
traduccións sexan oficiais, teñen que encher, asinar e enviar un
'translation disclaimer' (en cristiano, unha renuncia a poñer en práctica
os dereitos do copyright sobre as nosas traduccións de cousas de GNU --
moi útil e válido en España, todo sexa dito X-)), por correo convencional
ao mesmísimo Richard M. Stallman (toma xa). ¡Que somo-lo equipo oficial de
traducción ao galego! :-)
Como creo que hai xente que non lembra a forma correcta de usa-lo sobre e
o selo e todo iso, aí vos van unhas poucas instruccións:
1- Coa vosa man dereita (esquerda se sodes esquerdeiros) tomade-lo papel
no que previamente imprimiste-lo modelo de "translation disclaimer" (que
vos envío adxunto a esta mensaxe), convenientemente modificado, e
estampade-la vosa sinatura por aí embaixo, onde se vexa ben.
A sinatura é manual, non PGP, ollo.
2- Coa axuda da man esquerda (ou dereita, segundo modelos) dobrades e
plegades este papel, ben dobradiño e plegadiño, de xeito que caiba no
sobre, que tamén debe ter un tamaño axeitado, normalizado (seguro que hai
unha norma UNE e todo iso; de tódolos xeitos hai sobres GPL, moi baratos,
no estanco da esquina) e, de preferencia, debe ter como adorno unha serie
de raias rosas ou vermellas e azuis, que se alternan, deixando entre cada
parella un espacio de papel branco de ancho igual ao das franxas.
3- Introducide o papel no sobre, polo furado ou rañura previamente
practicada ao efecto polo propio fabricante do sobre.
4- Deixando de desbarrar pola miña parte, vós, de seguido, estraede-la
vosa lingua da vosa cavidade bucal, e pasádela pola parte interior da
solapa que cobre a abertura do sobre pola que introduciste-lo papel no
sobre, procurando depositar unha cantidade abondosa, mais non excesiva, de
cuspe, baba, saliva ou excrecencias dixestivas externas (:-?) no borde
interno da devandita solapa.
5- Pechade o sobre, procurando que o tan nomeado borde da tan referida
solapa descanse sobre o papel do sobre, non da carta; se ese é o caso,
deberemos, con toda probabilidade, desfacernos de carta e sobre, e voltar
ao paso inmediatamente anterior ao 1.
6- Sen da-la volta ao sobre, e con toda-las solapas lascivamente voltas
cara a nós (:-m) escribiremos, sobre a tan manipulada e manoseada solapa,
o noso propio enderezo, precedéndoo, a ser posible, da nunca ben estimada
e sempre mal comprendida abreviatura "Rte." (fagámoslle xustiza e
revelemo-lo que quere dicir: Restaurante.) (non, [en que estaría
pensando], Remite).
7- Dándolle a volta ao sobre, producindo un xiro deste ao redor do eixo
lonxitudinal (é dicir, que o collemos polo lado esquerdo, erguémolo e
volvémolo pousar, sen soltalo nin xira-lo pulso, de xeito que o lado que
collemos agora é o dereito), toda a pulcritude, a brancura e a inocencia
do sobre revelarase diante dos nosos ollos.
8- Escribindo da forma usual, pero de xeito que a primeira letra quede
aproximadamente no centro do sobre, e ningunha outra letra apareza enriba
ou á súa esquerda, violentaremo-la inmaculada brancura do noso sobre co
enderezo de Richard M. Stallman (toma xa).
9- O seguinte paso precisa dun especial esforzo, pois na maior parte dos
casos requerirá unha saída á rúa. Desgraciadamente, non teño tanto tempo
como para describi-la técnica coñecida como "camiñar", "andar", ou "o
coche de San Fernando, un pouquiño a pé, e o resto andando", así que
deberedes busca-los datos necesarios vós mesmos pola Internet esa...
10- Ide a un estanco (recoñécense porque fóra teñen un letreiro cunha
bandeira de España en marrón escuro e marrón claro, no lugar de vermello e
gualda (sexa o que sexa o gualda :-?), que pon "Tabacos" ou "Tabacalera";
tamén teñen un escaparate cheo de pipas, chisqueiros, cigarrillos e puros;
tamén, se se mira dentro, teñen o local cheo de caixas que poñen
"Ducados", "Marlboro", "Winston" e "Celtas"). E pedide un selo para os
Estados Unidos. Cando vos poñan un de trinta pesetas, ide a Correos e
pedide que vos juancarleen a carta para os Estados Unidos. Tranquilos, que
xa vos poñerán unha pegatina por duascentas pesetiñas :-)
11- Na porta de Correos, ou nalgún lugar da rúa, veredes uns adminículos,
de forma cilíndrica, de cor marela, que presentan unha fendedura, no mesmo
lado no que teñ