Re: axuda + gnome-admin

1999-09-28 Conversa Jose Dapena
On Wed, 22 Sep 1999, Rubén wrote:

 * Support multiple CNAMEs
  -contexto: DNS

Soportar múltiples CNAMEs. CNAME é un termo técnico de Bind, non
vexo motivo para traducilo. E un alias, polo menos na configuración do
Bind. E se queres unha traducción, tes o de Nome canónico ou Nome
normalizado (CNAME=Canonical NAME). Pero creo que CNAME é máis claro.

 * Forward
  -contexto: DNS
  -supoño que será similar ó significado nos mails, e non sirve reenviar,
 porque iso da a impresión de enviar outra vez ó mesmo sitio.

Desvío. Igual que o Call-forward (desvío de chamadas).

 * Name Ck
   -contexto: DNS

Home, Ck soe ser Check. Pero non estou seguro neste caso :-?

 * Log file
   -esto aparece un ¿ovo? de veces, e estouno a deixar tal cal, ainda que nun
 mensaxe de coña da traducción de gdm (deses de depuración, a mitade tiñan
 cousas de coña), puxen caderno de bitácora... }:-)

En clase de bases de datos (en castelán) diciamos fichero de
log. A función é a de rexistrar ocurrencias (rexistro) ou a de apuntar
incidencias (parte, folla de parte). O de rexistro soaría ben se non fora
porque xa se usa en cousas ben distintas (arbol de rexistro ISO, rexistro
de Windows, rexistro de OIDs...).

Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es
[GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena
| DynDNS: metalicana.ddns.org
| Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


GNOME e estado da traducci�n

1999-09-28 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Boas,

Estiven a falar hai uns días con Miguel de Icaza, sobre a traducción
dos programas de GNOME.

Semella que o xeito máis habitual de actualiza-las traduccións é por
CVS.  Así que, case sen pedirllo, deume unha conta no servidor. (Miguel
ponse moi ledo cando lle din que alguén está a traducir GNOME a calquera
lingua) X')))

O feito de que o sistema sexa o CVS implica que haxa que botar de
cando en vez unha ollada ós paquetes para ver se teñen novas cadeas a
traducir.  Para iso hai unha páxina (http://www.gnome.org/i18n/status.shtml)
que di o porcentaxe de cada paquete que se leva feito para cada lingua.
(Temos que superar ós cataláns) X'D

Os que teñades acceso sinxelo ó CVS, ben.  Senón, eu teño na
universidade, e podo actualizar cada certo tempo os .pot para que, a quen
lle corresponda, complete o que falta.

Outra cousa máis.  Non fai falla que enviarade-lo disclaimer, e os
.po que fagades non teñen por qué ser Copyright da FSF, senón voso.

Esta e a miña lista de paquetes de GNOME.  Os que teñen asteriscos
son os que aínda non se remataron.  Xacobe, se fas o favor, engádeos á túa
lista (ou fai dous separadas) para ter todo ben coordinado:


balsa
bonobo
control-center  0.30?   Ruben Lopez Gomez
dia
ee  0.3.8   Ruben Lopez Gomez
g-print
gaby
gcad
gdm 1.0?Ruben Lopez Gomez
gdm2
gedit   0.5.2   Ruben Lopez Gomez
dr-genius
ggv 0.61Jesus Bravo Alvarez
gimp
glade   ??? Ruben Lopez Gomez
gnome-admin ??? * Ruben Lopez Gomez
gnome-applets
gnome-chess
gnome-core  1.0.9   * Jesus Bravo Alvarez
gnome-db
gnome-games
gnome-hello
gnome-libs  1.0.14  Jesus Bravo Alvarez
gnome-media 0.30Sergio Rua
gnome-network   ??? * Roberto Suarez Soto
gnome-objc
gnome-pilot
gnome-pim
gnome-print
gnome-utils ??? * Roberto Suarez Soto
gnorpm
gnumeric
gtk+1.2.4   Jesus Bravo Alvarez
gtop1.0.2   * Jesus Bravo Alvarez
gxsnmp
libgtop 1.0.3   * Jesus Bravo Alvarez
mc  ??? * Ruben Lopez Gomez


Agora ven a pregunta.  Podemos facer dúas cousas: 1.- Ir enviando
os paquetes que xa temos.  2.- Esperar a que teñamos unha base (core+mc) e
envialo todo xunto.

Se eleximos a segunda opción, estaría bastante ben que estivese
listo antes de que saia a versión 2.0 (dentro duns días van saca-la 1.0.50,
será a primeira beta)

E tamén habería que cuestionar algo parecido coas utilidades GNU.
Eu xa recibín a confirmación do disclaimer, ¿e vos?

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: busco consello (f�ra de tema) ...

1999-09-28 Conversa CrEqUe
olá meus:

contéstovos aos dous xuntos (pero non revolto):

Jesus Bravo Alvarez wrote:
 
 Fri, Sep 24, 1999 at 02:48:09AM +, CrEqUe escribiu:
 
 vou comezar a estudiar ET Inf de Sistemas, primeiro curso claro. seguro
 que moitos de vós estades ou estivestes nesta situación ...
 
 Mmmm, por todo o que dis, adiviño que vas comezar na UNED, ¿non si?
 
 Dígoo porque eu tamén vou facer Inf. de Sistemas. ;-D
 
 O que pasa é que vou ir a modiño (MOI a modiño), porque xa estou a
 facer outra carreira, e non é plan de ter duascentas asignaturas anuais.
 :-)

UNED si :D. pois eu non, irei a todo trapo, porque é o único que vou
facer. o caso é que non me chegou a nota para entrar na coruña XD.
 
 teño 10 asignaturas cuatrimestrais troncais/obrigatorias, e 8 créditos
 para libre conf que podo deixar para outros cursos. son 7 créditos en
 todas as asignaturas da carreira, así que necesito cursar 2; e elexirei
 entre as da propia carreira, que son todas as optativas de 3º.
 
 M, nótase que non tes costume cos créditos. X')
 
 Non é imprescindible que fagas tódolos créditos de cada ano.  Se
 fas sete créditos de libre elección en lugar de oito, non pasa nada, e se
 fas cero, pois tampouco.  Podes facelos en segundo, ou en terceiro.
 
 Ademais, primerio é sempre o curso máis difícil, polo que tampouco
 é bo sobrecargalo.  Non che vou dicir que non fagas ningún crédito de libre
 elección, pero con 7 tes de abondo.  (De feito, nin sequera sei se podes
 facelos da mesma carreira, normalmente de libre elección quere dicir que
 teñen que ser de outra)

xa sei que non teño por que facelos :P, pero o caso é que se non fago os
de libre configuración de 1º nin de 2º teño que facer 3º en dous anos (o
máximo é 90 créditos ao ano). quero collelas xa por ese motivo e tamén
para ter máis materia directamente relacionada coa informática (joer 4
de mates e 2 de física en 1º XDDD). e podo escoller entre moitas
asignaturas doutras carreiras pero vou escoller entre as optativas de
3º. como xa dixen sobre isto non teño dúbidas.
 
 de segundo curso ou por ahí, así que opto por 'Periféricos' e 'Sistemas
 en tempo real', do 1º e 2º cuatrimestre respectivamente. fago ben?
 
 Estiven a mira-los programas desas dúas asignaturas... Periféricos
 parece asequible (quero dicir, que non precisa coñecementos previos).  Pero
 a outra non mo parece tanto, xa que fala de arquitecturas e algoritmos do
 núcleo do sistema operativo.

xa o vin, pero é que non vou coller programación orientada á
intelixencia artificial nin compiladores etc., e as únicas asequibles
que vin foron esas dúas e informática gráfica (que non me gusta moito) e
quizais algunha relacionada coa I Artificial.
 
 PD: estou decidido a facer o que digo, así que a non ser que creades que
 cometo un grave erro non me fai falta consello sobre o resto:
 simplemente se é mellor coller estas en 2º ou 3º por necesitar de
 coñecementos sobre outras asignaturas, e cales debería coller neste
 caso.
 
 O que che diría é que comprase-lo sobre de matrícula dunha vez. X')
 
 Non, é certo, aí venche un libriño co programa de toda a carreira.
 Aínda que... ... nin sequera fai falla, creo lembrar que tamén estaba
 na páxina Web da UNED (www.uned.es)
 
 (Agora non me veñas dicir que non, que non estás na UNED, que vas
 estudiar en non sei que universidade, blablabla) X'
 --
  _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
_|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

claro que teño o libro joer XD, o que pasa é que aínda así non me
entero. se te fixaches na información dalgunhas asignaturas (p ex
porgramación II) di o que debes cursar antes de matricularte nesa ou
cousas polo estilo e na pax 65 do libro ven un cadro con información
semellante feito pola asociación de alumnos, pero non aparecen todas, me
parece que só as troncais/obrigatorias. así que sigo na dúbida ... :(

pois nada, graciñas e xa nos veremos polo exame ou as prácticas e
tomámoslle un chóspiro para ir inspirados ;). e por certo viches que
peacho Debian GNU/Linux 2.0 binary nos deron :? UNED r00lz!!

Rubén wrote:
 
 CrEqUe escribíanos o 24 de Sep de 1999:
 
  vou comezar a estudiar ET Inf de Sistemas, primeiro curso claro. seguro
  que moitos de vós estades ou estivestes nesta situación ...
 
 Benvido ó clube dos estudiantes de informatica na universidade :)

pois graciñas :), pero a ver se non me paso moito máis de 3 anos no
clube X, alomenos se non fago o segundo ciclo!
 
  de segundo curso ou por ahí, así que opto por 'Periféricos' e 'Sistemas
  en tempo real', do 1º e 2º cuatrimestre respectivamente. fago ben?
 
 Sistemas en tempo real non sei como vai, nunca oin falar dela a
 ninguén, pero para coller periféricos precisas coñecementos de tecoloxía de
 computadores, e dicir, precisas coñecementos de electrónica dixital, porque
 (polo menos na miña facultade) comezan aprendéndoche a estructura interna
 dun 

Re: justify

1999-09-28 Conversa Jose Dapena
On Wed, 22 Sep 1999, Rubén wrote:

   Cómo estades a traducir Justify ?
   Por exemplo, teño que traducir Left-justify e non sei se é válido
 por Xustificación á esquerda :-?

Espera que lle pregunta á miña nai... Despois de un curto debate o
resultado é:
* Xustificación á esquerda
* Xustificación á dereita
* Xustificación completa
* Texto centrado

Que fallo. Non lembraba que miña nai traballa na Xunta e usa
programas xa traducidos. A ver se me pasa apuntes dos cursos que ten, para
orientarnos sobre cómo se traducen os termos desta linguaxe específica.

Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es
[GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena
| DynDNS: metalicana.ddns.org
| Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: justify

1999-09-28 Conversa Jose Dapena
On Wed, 22 Sep 1999, Xaquin Lores Torres wrote:

  Cómo estades a traducir Justify ?
  Por exemplo, teño que traducir Left-justify e non sei se é válido
  por Xustificación á esquerda :-?
 
 ¿Serviría Aliñar á esquerda ou Aliñar pola esquerda ?

¿Como a ensalada? ;-) O certo é que Justify non ten nada que ver
con xustificar: non é a traducción. Sería algo así como corrixir para
facer máis exacto.

Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es
[GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena
| DynDNS: metalicana.ddns.org
| Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


�Estat�sticas!

1999-09-28 Conversa Jacobo Tarrio
 [ Se as estatísticas estas non vos gostan, ou preferide-la lista tocha en
bruto como poñía antes, dádeme amablemente un toque. Se preferides así,
dádemo tamén, a ver se só mo dan os partidarios do vello estilo e volto ao
sistema de antes gustando máis este X-)) ]

* Paquetes novos, adoptados ou rematados dende a última revisión:

 balsa
 bonobo
 dia
 g-print
 gaby
 gcad
 gdm2
 gimp
 gnome-applets
 gnome-chess
 gnome-db
 gnome-hello
 gnome-pilot
 gnome-print
 gnorpm
 gxsnmp

Total:  16 paquetes.

* Paquetes xa traducidos:

 aptAlberto García 
 aumix  Jesús Bravo Álvarez 
 control-center Rubén López 
 ee Rubén López 
 fileutils  Jesús Bravo Álvarez 
 gdmRubén López 
 gedit  Rubén López 
 gettextJesús Bravo Álvarez 
 ggvJesús Bravo Álvarez 
 glade  Rubén López 
 gnome-libs Jesús Bravo Álvarez 
 gnome-mediaSergio Rúa 
 grep   Chema Casanova Crespo 
 gtk+   Jesús Bravo Álvarez 
 hello  Chema Casanova Crespo 
 ifmail Jesús Bravo Álvarez 
 libc   Jacobo Tarrío 
 mutt   Roberto Suárez Soto 
 orbit  Jesús Bravo Álvarez 
 tarSergio Rúa 
 textutils  Jacobo Tarrío 
 wget   Rubén López 
 wprefs Roberto Suárez Soto 
 xchat  Rubén López 

Total:  24 paquetes.

* Paquetes pedidos mais non rematados:

 dpkg   Alberto García
 enlightenment-conf Sergio Rúa
 gnome-adminRubén López
 gnome-core Jesús Bravo Álvarez
 gnome-network  Roberto Suárez Soto
 gnome-utilsRoberto Suárez Soto
 lynx   José Dapena
 mc Rubén López
 sedFernando Sánchez

Total:  9 paquetes.

* Paquetes ainda non pedidos:

 balsa
 bash
 binutils
 bison
 bonobo
 clisp
 cpio
 dia
 diffutils
 enscript
 findutils
 flex
 freetype
 g-print
 gaby
 gcad
 gcal
 gdm2
 gimp
 gnome-applets
 gnome-chess
 gnome-db
 gnome-games
 gnome-hello
 gnome-objc
 gnome-pilot
 gnome-pim
 gnome-print
 gnorpm
 gnumeric
 gtop
 gxsnmp
 id-utils
 indent
 libgtop
 m4
 make
 music
 ptx
 recode
 sh-utils
 sharutils
 texinfo
 wdiff

Total:  44 paquetes.

Estatísticas obtidas por cortesía de GNU bash, grep, sed, diff e textutils.

-- 

   Tarrío  Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: GNOME e estado da traducci�n

1999-09-28 Conversa Jacobo Tarrio
O Sat 25 Sep 1999 12:37:01 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

   Estiven a falar hai uns días con Miguel de Icaza, sobre a traducción
 dos programas de GNOME.

 Supoño que en mexicano, ¿non? Que se nón igual non nos entendía X-DDD

   Semella que o xeito máis habitual de actualiza-las traduccións é por
 CVS.  Así que, case sen pedirllo, deume unha conta no servidor. (Miguel

 Ben, pois hala, ti coordinas GNOME :-

 ponse moi ledo cando lle din que alguén está a traducir GNOME a calquera
 lingua) X')))

 Non me estraña :-) Anda, dille que eu son o coordinador do proxecto :DDD

   O feito de que o sistema sexa o CVS implica que haxa que botar de
 cando en vez unha ollada ós paquetes para ver se teñen novas cadeas a

 ¿Anuncian os ficheiros novos/cambiados por mail?

   Outra cousa máis.  Non fai falla que enviarade-lo disclaimer, e os
 .po que fagades non teñen por qué ser Copyright da FSF, senón voso.

 Ajá, logo GNOME non é de GNU. Xa me parecía. Pois vouvos cambia-lo
copyright das traduccións de GNOME da FSF a vós mesmos, que, carallo, tedes
dereito :-)

   Esta e a miña lista de paquetes de GNOME.  Os que teñen asteriscos
 son os que aínda non se remataron.  Xacobe, se fas o favor, engádeos á túa
 lista (ou fai dous separadas) para ter todo ben coordinado:

 Vale, engádoos, pero mellor ten ti a información sobre as versións dos
paquetes, que eu non a teño na miña lista (poñeríaa de non ser que ata hai
pouco anunciaban as novas versións, pero agora non... hei de mirar no
servidor do TP [Translation Project] e actualiza-lo formato da lista...

 gcad

 ¿gcad ou gcal? Incluíno, pero por favor, confírmamo :-)

 dr-genius

 Este programa viña co meu rato, hai uns nove anos :-?

 Confírmamo; polo momento non o incluín :-m.

 Os demais paquetes xa están incluidos... de antes ou de agora X-))

   Agora ven a pregunta.  Podemos facer dúas cousas: 1.- Ir enviando
 os paquetes que xa temos.

 Case que mellor isto, ¿non? :-) Na miña potato xa hai un directorio eu/ e
outro ca/ (cos seus correspondentes eu_ES e ca_ES) e quero superalos en
paquetes X-D

   E tamén habería que cuestionar algo parecido coas utilidades GNU.
 Eu xa recibín a confirmación do disclaimer, ¿e vos?

 Eu preguntei ao meu amigo François Pinard [ ;-) ] a ver que pasa co bash e
se me confirman o recibo do disclaimer ou que :-)

-- 

   Tarrío  Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


translators.txt

1999-09-28 Conversa Jacobo Tarrio
 Adxúntovos a mensaxe de saúdo a novos traductores do Translation Project.

 Por certo, imos cambia-lo formato de nomes de ficheiro, de

paquete[-version]_gl.po

 a

paquete-version.gl.po

 para sermos compatibles co TP robot :-)

 Por favor, lede ben o documento e dádevos de alta no TP, no equipo GL :)

-- 

   Tarrío  Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)


translators.txt.bz2
Description: Binary data