Re: Unha oferta

2005-01-19 Conversa aforbar
>>  Boas.
>>
>>   Sería bo que houbera un fío de 
>>discusión na lista e ver as opcións que vaian surxindo.
>>  

>
>Un becario de lingua (traducción, filoloxía ou algo así) que se 
>encargase de reelaborar os glosarios existentes e o mantivese 
>actualizado. Tamén podería elaborar unha base de datos coas traduccións 
>feitas ou encargarse da actualización do ispell, por que me parece que 
>non hai versión para os últimos cambios na normativa (correxídeme se me 
>equivoco).


Coido que Ramón Flores incorporou os novos trocos o ispell-gl

Anxo.
>
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Trasno Digest, Vol 9, Issue 12

2005-01-19 Conversa Roberto Brenlla
Ola,

u...@gulo.org dixo:

> A min paréceme que pode dar algún resultado, sempre que se consigan cartos
> (suficientes) e xente que se poña. Non sei de cantos cartos estamos
> falando, nin de canto tempo duraría iso, nin que programas, e eu os
> calendarios non os cumpro, iso dende logo.

Sinceramente, eu tampouco o sei. Seica pretender fomentar os progamas
que podan ser empregados pola maioría ...

> Eso do mecenado significa que traballamos para eles a xornada completa??
> ou que nos pagan polas horas libres que traballamos??

Son concrecións nas que poderemos entrar nunha fase ulterior. Eles
dirán e Trasno despois tamén dará o seu parecer. Haberá acordo? Malo
será, verdade?

> que concello é ese??

Sintoo, aínda non me deron esa autorización. Cando ma dean, volo digo.

Saúdos,
-- 
Roberto Brenlla
www.agnix.org
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Unha oferta

2005-01-19 Conversa Roberto Brenlla
Ola Xabier e todos,

> Se precisades axuda contade comigo, sexa tanto como filólogo (licenciado
> em Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago), coma informático.

Perfecto! 

Ogallá axiña estemos entrando na fase se asignación de tarefas-recurso!

Saúde!
-- 
Roberto Brenlla
www.agnix.org
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Unha oferta

2005-01-19 Conversa Roberto Brenlla
Ola Xosé e todos,

> Unha proposta de actuación podería ser a seguinte:
> 
> Un becario de lingua (traducción, filoloxía ou algo así) que se
> encargase de reelaborar os glosarios existentes e o mantivese
> actualizado. Tamén podería elaborar unha base de datos coas traduccións
> feitas ou encargarse da actualización do ispell, por que me parece que
> non hai versión para os últimos cambios na normativa (correxídeme se me
> equivoco).

Termos un(s) becario(s) é a situación ideal, penso. Sen esquecer,
claro, a continuidade temporal para non caer en actuación illadas.

Ter un corrector ortográfico galego en GNU/Linux sería moi importante
telo. Disto realmente debería encargarse Política Lingüística e maila
Xunta pero aquí xa estou algo canso de petar e ... sen froitos polo
momento. Daí que termos unha axuda dun concello xa é algo bo, non?
 
> Un becario de informática. Conectaría ó traductor co "mundillo
> informático", axudandoo a comprender a que se refiren os términos, e
> podería contactar mellor cos distintos grupos que se encargan de
> traduccións (KDE, Gnome, Mandrake, Debian, OpenOffice, ) que son os
> que mellor coñecen o que hai que facer para ter unha traducción
> "oficial" no seu contorno.

Ben estaría que fora de Trasno ;-)

> Un becario de comunicación, que se encargase de proxectar o traballo que
> se fai co software libre en galego, o que podería redundar, por exemplo
> na aparición de máis traductores voluntarios, ou  podería animar a
> outros concellos a da-lo seu apoio.
 
Seica o director de Política Lingüística xa foi sondeado e deu a súa
conformidade... pero: e os feitos?  De momento só resta insistir ata
ser pesado e haino que facer en moitas frontes: Xunta, Educación,
Mesa, Concellos ...

> A idea que eu poñería de fondo sería permitir a creación de grupos
> estables, e darlles apoio, co que se podería evitar o problema de que se
> unha persoa non pode continuar con unha traducción ese programa deixe de
> ter versións en galego.

Pois iso, tamén concordo contigo: continuidade é unha das variables
máis importantes.

Saúde!
-- 
Roberto Brenlla
www.agnix.org
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Unha oferta

2005-01-19 Conversa Roberto Brenlla
Ola Xabier e todos,

>O tema non está nas nosas mans, senón nas do concello. 

Comenteivos esta proposta porque, desta vez, parece que atopei a xente
realmente interesada nisto. De feito, estoulles asesorando para unhas
hipotéticas xornadas e demais...
Eles dan por descontado que poderán recabar fondos para incentivar á
xente a traducir, polo que, efectivamente está nas mans deste concello
e nas de quen conte a súa vez eles para os cartos.

> vexo son, dun xeito ou outro, afrontar as traducións coas coordinacións dende
> Trasno, pois a potestade de incluilas no cvs corresponde aos coordinadores de
> cada escritorio e aos xa responsábeis das traducións de aplicacións non
> incluidas en ningún entorno, coma Firefox. A lóxica de facer as traducións

Esa foi a idea dende o comezo: coordinación técnica, supervisión e
demais feita por Trasno.

> (en termos estrictamente lingüísticos) sería mediante filólogos, sempre que
> se poida permitirse o luxo, ou en calquera caso coas colaboracións de
> tradutores experimentados non filólogos cun dominio dos tecnicismos da
> infórmatica. Mais non é tan doado contar só co traballo de filólogos, pois
> farían falta axudas tanto técnicas (na instalación e configuración de Linux
> para os novos tradutores, que non adoitan a empregar dito sistema) coma
> formativas (no plano informático, é preciso que teñan un coñecemento
> intermedio do sistema operativo para realizar unha correcta interpretación
> das mensaxes a traducir, e fornecerlles das ferramentas e os modos de
> tradución existentes).

Concordo e creo que concordan tamén eles.
 
> Pouco máis podo dicir que non sexa isto. Sería bo que houbera un fío 
> de
> discusión na lista e ver as opcións que vaian surxindo.

O que necesitaba neste caso era saber se tería algunha resposta vosa
para transmitirlla. Xa vou dicindo que hai predisposición en Trasno,
que poderíamos pensar na vosa coordinación, etc.

Diereivos a resposta que teña deles. Ogallá saia todo ben!

Mentres estarei ó fío do que saia na lista.

Apertas,
-- 
Roberto Brenlla
www.agnix.org
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Unha oferta

2005-01-19 Conversa Xavy


Se precisades axuda contade comigo, sexa tanto como filólogo (licenciado 
em Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago), coma informático.

Saudos
Xavier Bahillo
Xosé Martínez escribió:


Roberto Brenlla wrote:


Ola,

Uns responsables dun concello están interesados en ofrecer algúns
fondos cos que afrontar custes de traducción ó galego.


Como o vedes?  Que lles digo?

Saúde!
 


Xabier García Feal wrote:


Boas.

 Sería bo que houbera un fío de discusión na lista e ver as 
opcións que vaian surxindo.
 

Ola, tamén coa intención de que se abra un fío de discusión envío 
algunhas ideas sobre o que se podería facer.


Unha proposta de actuación podería ser a seguinte:

Un becario de lingua (traducción, filoloxía ou algo así) que se 
encargase de reelaborar os glosarios existentes e o mantivese 
actualizado. Tamén podería elaborar unha base de datos coas 
traduccións feitas ou encargarse da actualización do ispell, por que 
me parece que non hai versión para os últimos cambios na normativa 
(correxídeme se me equivoco).


Un becario de informática. Conectaría ó traductor co "mundillo 
informático", axudandoo a comprender a que se refiren os términos, e 
podería contactar mellor cos distintos grupos que se encargan de 
traduccións (KDE, Gnome, Mandrake, Debian, OpenOffice, ) que son 
os que mellor coñecen o que hai que facer para ter unha traducción 
"oficial" no seu contorno.


Un becario de comunicación, que se encargase de proxectar o traballo 
que se fai co software libre en galego, o que podería redundar, por 
exemplo na aparición de máis traductores voluntarios, ou  podería 
animar a outros concellos a da-lo seu apoio.


A idea que eu poñería de fondo sería permitir a creación de grupos 
estables, e darlles apoio, co que se podería evitar o problema de que 
se unha persoa non pode continuar con unha traducción ese programa 
deixe de ter versións en galego.


dk logo.

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

__ Información de NOD32 1.975 (20050118) __

Este mensaje ha sido analizado con  NOD32 antivirus system
http://www.nod32.com





___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Unha oferta

2005-01-19 Conversa Xosé Martínez

Roberto Brenlla wrote:


Ola,

Uns responsables dun concello están interesados en ofrecer algúns
fondos cos que afrontar custes de traducción ó galego.


Como o vedes?  Que lles digo?

Saúde!
 


Xabier García Feal wrote:


Boas.

	 Sería bo que houbera un fío de 
discusión na lista e ver as opcións que vaian surxindo.
 

Ola, tamén coa intención de que se abra un fío de discusión envío 
algunhas ideas sobre o que se podería facer.


Unha proposta de actuación podería ser a seguinte:

Un becario de lingua (traducción, filoloxía ou algo así) que se 
encargase de reelaborar os glosarios existentes e o mantivese 
actualizado. Tamén podería elaborar unha base de datos coas traduccións 
feitas ou encargarse da actualización do ispell, por que me parece que 
non hai versión para os últimos cambios na normativa (correxídeme se me 
equivoco).


Un becario de informática. Conectaría ó traductor co "mundillo 
informático", axudandoo a comprender a que se refiren os términos, e 
podería contactar mellor cos distintos grupos que se encargan de 
traduccións (KDE, Gnome, Mandrake, Debian, OpenOffice, ) que son os 
que mellor coñecen o que hai que facer para ter unha traducción 
"oficial" no seu contorno.


Un becario de comunicación, que se encargase de proxectar o traballo que 
se fai co software libre en galego, o que podería redundar, por exemplo 
na aparición de máis traductores voluntarios, ou  podería animar a 
outros concellos a da-lo seu apoio.


A idea que eu poñería de fondo sería permitir a creación de grupos 
estables, e darlles apoio, co que se podería evitar o problema de que se 
unha persoa non pode continuar con unha traducción ese programa deixe de 
ter versións en galego.


dk logo.

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Unha oferta

2005-01-19 Conversa Xabier García Feal
Boas.
O tema non está nas nosas mans, senón nas do concello. As posibilidades 
que 
vexo son, dun xeito ou outro, afrontar as traducións coas coordinacións dende 
Trasno, pois a potestade de incluilas no cvs corresponde aos coordinadores de 
cada escritorio e aos xa responsábeis das traducións de aplicacións non 
incluidas en ningún entorno, coma Firefox. A lóxica de facer as traducións 
(en termos estrictamente lingüísticos) sería mediante filólogos, sempre que 
se poida permitirse o luxo, ou en calquera caso coas colaboracións de 
tradutores experimentados non filólogos cun dominio dos tecnicismos da 
infórmatica. Mais non é tan doado contar só co traballo de filólogos, pois 
farían falta axudas tanto técnicas (na instalación e configuración de Linux 
para os novos tradutores, que non adoitan a empregar dito sistema) coma 
formativas (no plano informático, é preciso que teñan un coñecemento 
intermedio do sistema operativo para realizar unha correcta interpretación 
das mensaxes a traducir, e fornecerlles das ferramentas e os modos de 
tradución existentes).

Pouco máis podo dicir que non sexa isto. Sería bo que houbera un fío de 
discusión na lista e ver as opcións que vaian surxindo.

Deicalogo.




> Ola,
>
> Uns responsables dun concello están interesados en ofrecer algúns
> fondos cos que afrontar custes de traducción ó galego.
>
> En primeiro termo falan de darllos a Trasno (ou individualmente a
> xente que colabora con Trasno) para determinadas aplicacións e
> escritorios.
> Coma segunda posibilidade pensan na lóxica de facelo vía becas
> oficiais, por exemplo, a filólogos.
>
> A idea que teñen é nunha especie de mecenado, patrocinio ou algo así.
> Pretenden deste xeito axilizar as traduccións, facelas seguindo uns
> compromisos de ter traducidas determinadas aplicacións (as máis
> empregadas) seguindo un calendario ...
>
> En fin, non é tema de intromisión nin nada semellante. Tampouco son
> cartos da Xunta aínda que traten de acadalo en calquera fronte. Só que
> comproban, comparando con outros idiomas, que os avances nas
> traduccións non son veloces como sería o desexado... e pensaron nesta
> vía.
>
> Como o vedes?  Que lles digo?
>
> Saúde!
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno