Eu paso o día revisando as traduccións, cada erro que atopo apúntoo
e cando actualizo as traducción corrixo os erros. Se atopades algún erro
xa sexa ortográfico como calquera outra cousa mandádemo.
Saúdos.
On 4/24/06, Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com wrote:
Eu suxeririache que revisaras as traducións a fondo. Xa sei que é moi
aburrido e pesado, pero non se trata só de traducir e traducir. Vin
que o nivel de tradución de GNOME subiu moito e de golpe e non creo
que a calidade da tradución sexa moi alta. Non é por desmerecer o teu
traballo, pero é que revisar o xa feito é moi necesario. Eu estou
intentando aplicarme isto mesmo.
Por certo, no k3b vin un erro de tradución na ventá que aparece
mentres se grava o CD ou DVD. Non me acorda exactamente cal, pero o
tradutor encargado pode molestarse en miralo e corrixir o erro.
Ata logo,
Leandro Regueiro
Pois poñereime co kbabel de momento, en canto o remate mándocho,
para dous programas que emprego de kde... De gnome xa non sei que
traducir, algunha suxerencia?
Saúdos.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno