Re: Unhas dúbidas

2006-06-13 Conversa Leandro Regueiro

Eu penso que é mellor conservar o nome orixinal, para facilitar a
comprension. Ademais como seguramente a axuda ha seguir vindo en
inglés, ha ser máis práctico conservar os nomes orixinais.

Ata logo,
  Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Unhas dúbidas

2006-06-13 Conversa mvillarino
O Martes, 13 de Xuño de 2006 11:39, Leandro Regueiro escribiu:

Vale, conservo os orixinais

 Ademais como seguramente a axuda ha seguir vindo en
 inglés, ha ser máis práctico conservar os nomes orixinais.

Algun/nha voluntario/a?

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpERYQAXmuTP.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Ubuntu

2006-06-13 Conversa Nacho

Pregunta:
Entanse a duplicar os esforzos traducindo aplicacións por un lado e polo
outro?
E que eu hai un rapaz que me dixo que quería poñerse a traducir algunha
aplicación e as que lle digo eu que traduza que supostamente non están
traducidas, dime que xa están traducidas en ubuntu.
Saúdos.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Ubuntu

2006-06-13 Conversa Héctor Rivas Gándara


El 13/06/2006, a las 13:03, Nacho escribió:

Entanse a duplicar os esforzos traducindo aplicacións por un lado e 
polo outro?
E que eu hai un rapaz que me dixo que quería poñerse a traducir 
algunha aplicación e as que lle digo eu que traduza que supostamente 
non están traducidas, dime que xa están traducidas en ubuntu.


Si, eu observo o mesmo. Moita xente traballa pola sua conta, tal vez 
por ignorancia/vagancia/preferencias.


Eu non teño tp moi claro o ciclo de vida dunha traducción: Hai quen o 
manda ó upstream, hai quen o manda ó mantainer de debian, outros 
traballan con launchpad de Ubuntu.


A verdade é que Ubuntu ofrece servicios moi interesantes para a 
traducción de aplicacións, en especial rosseta, pero ás veces perdeste.


--
Atentamente,
Héctor Rivas

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Ubuntu

2006-06-13 Conversa Xabi G. Feal

 Eu non teño tp moi claro o ciclo de vida dunha traducción: Hai quen o
 manda ó upstream, hai quen o manda ó mantainer de debian, outros
 traballan con launchpad de Ubuntu.

E isto só pasa con Ubuntu? De quen é a xenial idea de mandar a tradución á 
distribución e non aos autores do programa? Porque a verdade non ten moito 
senso, sabendo que mandándoa a autor do programa ha de reverter ao final en 
que a distribución tamén a teña. Si ten algo de manobra competitiva por parte 
das distribucións, para acadar funcionalidades exclusivas, e pode que sexa 
ésta a explicación.


___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Ubuntu

2006-06-13 Conversa Leandro Regueiro

O certo é que eu me rexistrei en Launchpad (ou onde fora que te tes
que rexistrar para usar rosetta) e unha vez dentro vin que se podian
traducir programas que xa teñen o seu propio proxecto de traduccion,
coma Tuxpaint por poñer un exemplo que me afecta directamente. Isto
non me gusta nada, porque non sabes onde está o que é exclusivo de
Ubuntu e que é o demais. E por se fora pouco, aparecían versións
antigas das traduccións, e non as últimas dispoñibles nos sitios
orixinais.

Tamén cando preguntara sobre actualizar a páxina de estatísticas de
Debian en Trasno se me dixera que os de Debian tiñan unha páxina para
os templates (supoño que serán esas mensaxes que aparecen cando fas
dpkg --reconfigure paquete ou algo asi) e mais outra para os programas
que veñen en Debian.

O que eu dicía. É unha maneira de tolear ós programadores. Para o caso
da páxina de estatísticas de Debian en Trasno penso que se debería
facer algo para que apareceran coma na de Mandriva ou na de Fedora
Core, e que só aparezan cousas exclusivas desa distribución.

Ata logo,
  Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Ubuntu

2006-06-13 Conversa Héctor Rivas Gándara


El 13/06/2006, a las 15:30, Xabi G. Feal escribió:


Eu non teño tp moi claro o ciclo de vida dunha traducción: Hai quen o
manda ó upstream, hai quen o manda ó mantainer de debian, outros
traballan con launchpad de Ubuntu.


E isto só pasa con Ubuntu? De quen é a xenial idea de mandar a 
tradución á

distribución e non aos autores do programa?


Home, a resposta é simple, da xente de ubuntu X)

Non o vexo tan descabellado, se os de ubuntu mandan as aportacións dos 
usuarios ó upstream (que así é, aínda que non sei exactamente como 
funciona).


A idea é ter un mecanismo simple de usar, moi accesible, que fomente a 
colaboración, rápido para traducir aplicacións. É moito máis fácil 
traducir todo nunha páxina centralizada que andar a baixar o fonte, 
traducir o .po... Creo q o logran, aínda q ás veces te perdes dentro de 
launchpad.


Persoalmente, a min gústame a idea, calquera pode traducir programas 
sen moita dificultade.


Pola contra, comprendo que parece un desprecio a traductores que non 
traballan con esta ferramenta, e que se cada distro ofrece unha 
aplicación de traducción é máis probable que se esté repetindo traballo 
xa feito.


Porque a verdade non ten moito  senso, sabendo que mandándoa a autor 
do programa ha de reverter ao final en que a distribución tamén a 
teña. Si ten algo de manobra competitiva por parte
das distribucións, para acadar funcionalidades exclusivas, e pode que 
sexa

ésta a explicación.


Dubidoo, polo menos no caso de Rosetta. Se les 
https://wiki.launchpad.net/RosettaNewImportPolicy, o autor ten que dar 
a sua aprobación para que unha aplicación se poda traducir, e suponse 
que este está integrando as traduccións.


--
Atentamente,
Héctor Rivas

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Ubuntu

2006-06-13 Conversa Xabi G. Feal


 A idea é ter un mecanismo simple de usar, moi accesible, que fomente a
 colaboración, rápido para traducir aplicacións. É moito máis fácil
 traducir todo nunha páxina centralizada que andar a baixar o fonte,
 traducir o .po... Creo q o logran, aínda q ás veces te perdes dentro de
 launchpad.
Perfeito, pero entón se lle queren aforrar traballo ao tradutor (seguindo con 
este sistema) que envíen eles despois as traducións aos autores dos programas 
ou que usen o cvs correspondente ! Non se pode traballar no software libre se 
ao final non se empregan os repositorios oficiais, e precisamente ese é o 
motivo de que se fagan contribucións de calquera tipo e dende calquera lugar; 
o uso dos cvs (ou svn's).

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Ubuntu

2006-06-13 Conversa mvillarino
O Martes, 13 de Xuño de 2006 13:03, Nacho escribiu:
 Pregunta:
 Entanse a duplicar os esforzos traducindo aplicacións por un lado e polo
 outro?

Posibelmente

Eu comecei nisto da tradución con Kmymoney (que eu lembre, tal vez haxa algo 
anterior). De cando en vez chega alguén e di que quer porse a traducir 
ao PutHereYourLocale. Nalguns casos a tradución está completa, e noutros 
hai unha tradución incompleta. É dicer, que non é un problema exclusivo de 
desorganización que nos afecte só a nos, senón algo mais estrutural que 
haberia que analisar en exclusiva.

Pasa algo análogo cos informes de erro: a forma canónica de enviar erros 
depende da forma de obter o programa, debendo reportar ao empacotador. Asi, 
recebense informes tanto reenviados polos empacotadores das diferentes 
distros como directamente de usuarios que compilaron as fontes.

Xa que estamos, o listado de traducións e tradutores que aparece en debian 
penso que é extraido dos contidos dos ficheiros po, con base en que aparezo 
eu no de kmaymoney, sen que ninguén os informase.
Este é un sistema útil, xa que delega a autoria das traducións sobre os 
proxectos en si, á vez que mantén un ponto concreto onde se recompila a 
información de estado.

A min a ideia de depender dunha ferramenta que precise de rede realizar as 
traducións non me gosta, mais que nada porque ainda non teño rede na casa (e 
penso que hei seguir asi uns aniños).

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpf2NABEAHMx.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno