El 13/06/2006, a las 15:30, Xabi G. Feal escribió:

Eu non teño tp moi claro o ciclo de vida dunha traducción: Hai quen o
manda ó upstream, hai quen o manda ó mantainer de debian, outros
traballan con launchpad de Ubuntu.

E isto só pasa con Ubuntu? De quen é a xenial idea de mandar a tradución á
distribución e non aos autores do programa?

Home, a resposta é simple, da xente de ubuntu X)

Non o vexo tan descabellado, se os de ubuntu mandan as aportacións dos usuarios ó upstream (que así é, aínda que non sei exactamente como funciona).

A idea é ter un mecanismo simple de usar, moi accesible, que fomente a colaboración, rápido para traducir aplicacións. É moito máis fácil traducir todo nunha páxina centralizada que andar a baixar o fonte, traducir o .po... Creo q o logran, aínda q ás veces te perdes dentro de launchpad.

Persoalmente, a min gústame a idea, calquera pode traducir programas sen moita dificultade.

Pola contra, comprendo que parece un desprecio a traductores que non traballan con esta ferramenta, e que se cada distro ofrece unha aplicación de traducción é máis probable que se esté repetindo traballo xa feito.

Porque a verdade non ten moito senso, sabendo que mandándoa a autor do programa ha de reverter ao final en que a distribución tamén a teña. Si ten algo de manobra competitiva por parte das distribucións, para acadar funcionalidades exclusivas, e pode que sexa
ésta a explicación.

Dubidoo, polo menos no caso de Rosetta. Se les https://wiki.launchpad.net/RosettaNewImportPolicy, o autor ten que dar a sua aprobación para que unha aplicación se poda traducir, e suponse que este está integrando as traduccións.

--
Atentamente,
Héctor Rivas

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a